Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: besta_do_seu_sangue

A campaña #envozpropia de Xerais, nos medios e na rede

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais (Twitter, Facebook, Instagram e Youtube).

Aprazan ata outubro a entrega do premio San Clemente pola alerta sanitaria. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O xornal El Correo Gallego publicou unha noticia na que da conta do aprazamento ata outubro do acto de entrega da XXV edición dos premios literarios San Clemente Rosalía-Abanca, por mor da alerta sanitaria aberta polo COVID-19. A primeira obra galardoada foi Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, publicada por Xerais na colección: Narrativa.

«Besta do seu sangue», de Emma Pedreira, será un dos libros protagonistas da campaña de lectura para unha nova edición do Premio San Clemente. Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O libro: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira, será unha das obras protagonistas da nova campaña de lectura para a XXV edición do Premio San Clemente Rosalía-Abanca.

Oito títulos de Xerais, entre os mellores libros da ficción literaria galega dos últimos vinte anos. Reportaxe en «Vinte»

Publicouse en Vinte unha reportaxe asinada por María Yáñez e Berta Dávila na que se da conta dunha selección dos vinte mellores títulos da ficción literaria escrita en galego publicados nos últimos 20 anos. Na escolma participaron vinte homes e vinte mulleres que gardan relación de diferentes maneiras co ámbito do libro.

A escritora Emma Pedreira gaña o Premio San Clemente na categoría de lingua galega coa obra: «Besta do seu sangue». Noticia en varios medios de comunicación

A escritora Emma Pedreira gañou o XXV Premio “San Clemente – Rosalía – Abanca”, 2019, na modalidade de lingua galega, coa obra: Besta do seu sangue, publicada por Xerais na colección Narrativa. O libro gañou tamén o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018.

Un relato transgresor que engade arestas á figura do home lobo de Allariz: «Besta do seu sangue», de Emma Pedreira. Crítica no blog «Balea Cultural»

O blog Balea Cultural publicou unha recensión de Iria Pedreira sobre o libro: Besta do seu sangue, de Emma Pedreira. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Dezaseis títulos publicados por Xerais optan aos Premios da IV Gala do Libro Galego 2019

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), Asociación Galega de Editoras (AGE) e Federación de Librarías de Galicia (FLG) convocan a cuarta edición dos Premios Gala do Libro Galego, que se celebrará sábado 11 de maio de 2019 no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Dazaseis títulos publicados por Xerais están entre as obras finalistas: Ensaio e investigación – Común temos a patria.

Presentación en Allariz de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O sábado 23 de marzo de 2019, ás 12:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lourenzo, 3, Allariz, terá lugar a presentación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. No acto, organizado pola Fundación Vicente Risco, participarán Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, Emma Pedreira e Fran Alonso.

Emma Pedreira: «Presenteime ao premio Xerais cunha proposta arriscada sobre unha personaxe ben coñecida. Ou ía ou rachaba». Entrevista en Tempos Novos sobre: «Besta do seu sangue»

A revista Tempos Novos publicou unha entrevista de Eva Moreda coa filóloga, poeta e narradora Emma Pedreira sobre o libro: Besta do seu sangue. O libro gañou o Premio Xerais de Novela, 2018 – Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de narrativa, 2018 – Premio Fervenzas Literaria á Mellor capa de adultos do 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa.

Os Premios Fervenzas Literarias recoñecen a Xerais como a mellor editorial do 2018 e premian varias das súas obras e autoras

    A web Fervenzas Literarias acaba de facer públicos os seus premios anuais, elixidos polos lectores/as do portal a través de votación web. Esta é unha interesante iniciativa que se abre á participación e á opinión dos lectores e lectoras, aos que agradecemos o recoñecemento de Xerais como a mellor editorial do ano 2018, así como os resultados obtidos polos libros publicados pola nosa editorial.

Presentación en Compostela de “Besta do seu sangue” de Emma Pedreira

O venres 18 de xaneiro de 2018 ás 20:00 horas, na  librería Lila de Lilith, rúa Travesa, 7, Santiago, terá lugar a prensetación do libro Besta do seu sangue de Emma Pedreira, Premio Xerais de Novela 2018. No acto participarán Andrea Barreira, Emma Pedreira e Fran Alonso.