Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: biblioteca_dramática_galega

«O valo», de Carlos Labraña, en Cada día un libro, da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo á obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. O programa pode verse nesta ligazón.

Unha homenaxe aos refuxiados: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a obra de teatro infantil O valo, de Carlos Labraña, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil.

Carlos Labraña: «O preocupante é que os que mandan no mundo queiran erguer máis valos»

O programa Chamando á terra, da Radio Galega emitiu unha entrevista de María Solar ao escritor Carlos Labraña, sobre a obra de teatro infantil O valo, gañadora do Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Moi recomendable para a escola: «O valo», de Carlos Labraña. Crítica en Brabádegos

O blog de literatura infantil Brabádegos publicou unha recensión crítica sobre o libro O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz.   Derrubando valos, mirando as estrelas Comezamos o curso cheos de enerxías renovadas despois dun merecido descanso, con ganas de ler mil follas coa chegada do outono, de inzar de castañas os soutos todos.

Novidade: «O valo», de Carlos Labraña, IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil

O valo, de Carlos Labraña, ilustrado por Nuria Díaz, é unha novidade da Biblioteca Dramática galega, coeditada por Xerais e AGADIC. IX Premio Manuel María de literatura Dramática Infantil, 2016 No medio dun deserto, que se estende até onde alcanza a nosa vista, o Soldadiño de chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame, xusto onde no seu mapa marca a fronteira.

Rubén Ruibal: «Non quero alimentar o morbo á hora de escribir». Entrevista en vídeo sobre «Limpeza de sangue»

O blog da Biblioteca do IES do Porto do Son publicou unha entrevista en vídeo con Rubén Ruibal, sobre súa obra Limpeza de sangue, feita por estudantes do centro.     Rubén Ruibal / Limpeza de sangue O sangue fai ruído. Rubén fai complicidade, coñecemento, cunha voz e un xesto xogantín, puxante, animoso coma o lume. O lume da vida.

«Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans, Premio AELG ao mellor texto teatral

«Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans, Premio AELG ao mellor texto teatral

Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans, foi elixido na noite do sábado Premio AELG ao mellor texto teatral durante a Cea das Letras que se celebrou en Santiago de Compostela.

«Limpeza de sangue» ten unhas raíces cinematográficas moi claras. Conversa entre Rubén Ruibal e Jorge Coira

«Limpeza de sangue» ten unhas raíces cinematográficas moi claras. Conversa entre Rubén Ruibal e Jorge Coira

Rubén Ruibal e Jorge Coira mantiveron unha conversa, convocados polo xornal dixital Praza Pública, sobre a adaptación ao cine da obra Limpeza de sangue, coa que Rubén Ruibal gañou o Premio Álvaro Cunqueiro e posteriormente o Premio Nacional de Teatro. A conversa estivo guiada polo xornalista Alberto Ramos. Praza Pública publica tamén un vídeo da conversa.

«Os reloxos preguiceiros da néboa», de Xavier Lama, selo de calidade de Gálix

Os reloxos preguiceiros da néboa, de Xavier Lama, foi recoñecido co selo de calidade de Gálix. V Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2010 Os reloxos preguiceiros da cidade de Néboa deixaron de calcular o tempo. Este suceso desorienta aos habitantes da cidade onde unha brétema constante case non deixa ver o sol.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans. A importancia da palabra no drama Hai obras teatrais onde a palabra é fundamental.

Crítica de Pilar Bendoiro sobre «Os reloxos preguiceiros de Néboa», de Xavier Lama

Pilar Bendoiro Mariño publica en El Correo Gallego unha recensión sobre sobre Os reloxos preguiceiros de Néboa, de Xavier Lama.

Crítica de MF Vieites sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

MF Vieites publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans.