Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: biblioteca_municipal_de_muxía

Presentación en Muxía de “Contos do mar de Irlanda” de Xurxo Souto

O sábado, 2 de abril, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal de Muxía, terá lugar un novo espectáculo de “Océano para Terrícolas” no que Xurxo Souto presentará Contos do mar de Irlanda. Un día Xurxo Souto sentiu unha terrible falta de ignorancia. Vive nunha cidade-barco, A Coruña, mais nunca ninguén lle tiña falado do mar.  Decidiu facer algo elemental: preguntar.

Fina Casalderrey, na Galería de Mulleres da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía

A Galería de Mulleres da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía está dedicada este mes a Fina Casalderrey (vía Axenda Cultural da AELG). Fina Casalderrey foi incorporada recentemente ao plenario da Real Academia Galega. O Concello de Muxía continúa coa iniciativa da Galería de Mulleres, onde se destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc….