Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: Bilbao-New_York-Bilbao

Crítica de Xosé Manuel Eyré en A Nosa Terra sobre novela «Bilbao-New York-Bilbao», de Kirmen Uribe

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre a novela Bilbao-New York-Bilbao, de Kirmen Uribe, novela gañadora do último Premio Nacional de Narrativa 2009, do Premio da Crítica 2008, do Premio da Fundación Ramón Ruibal 2008 e do Premio do Gremio de Libreiros de Euskadi 2009.A maiores, nos últimos días, X. M. Eyré realizou no seu blog algunhas anotacións sobre a lectura da novela.

Finalistas dos Premios AELG 2011

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados. Blog Literario 1.

Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010

A Asociación Galega de Editores fixo públicos esta fin de semana os libros e autores finalistas nos Premios da Edición 2010, que serán entregados en Lugo o sábado 12 de marzo durante o transcurso da Noite da Edición.

«Bilbao-New York-Bilbao» de Kirmen uribe, crítica de Dolores Martínez Torres

AUTOFICCIÓN Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe: Cubismo narrativo De novo un escritor recorre a autoficción e ao artificio da novela en marcha, e pescuda no seu anecdotario familiar co pretexto de recompilar datos para unha obra futura,unha obra que non aparece explícita no texto e que o espectador-lector debe intuír.

Kirmen Uribe na Coruña

Kirmen Uribe, autor de Bilbao-NewYork-Bilbao, Premio Nacional de Narrativa 2009, estivo onte na Coruña para participar xunto a María Lado nun recital do ciclo «Poetas di(n)versos». Un acto memorable, coducido e organizado por Yolanda Castaño, seguido por dous centenares de persoas con enorme interese e emoción.

Kirmen Uribe falará o martes na Coruña

O escritor Kirmen Uribe, autor de Bilbao-New York-Bilbao (PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2009), viaxa a Galicia o vindeiro martes, 20 de abril. Entre as 18:00 e as 19:30 horas, Uribe manterá un encontro coa prensa no Hotel NH Atlántico da Coruña coincidindo co lanzamento da súa novela Bilbao-New York-Bilbao, publicada por Xerais.

«Bilbao-New York-Bilbao», adianto do primeiro capítulo

El Correo Gallego publicou no seu suplemento dominical unha entrevista con Isaac Xubín, o tradutor dnede o éuscaro de Bilbao-New York-Bilbao, a novela pola que Kirmen Uribe obtivo o Premio Nacional de Narrativa en 2009, ademais dun adianto das súas primeiras páxinas. Capítulo 1 OS PEIXES e as árbores parécense. Perecénse nos aneis. As árbores téñenos no tronco.

Kirmen Uribe: «Quero amosar o lado amable do País Vasco»

Xornal de Galicia faise eco da publicación das traducións de Bilbao-New York-Bilbao: «Quería dar unha visión amable do País Vasco», afirmou onte Kirmen Uribe sobre a súa obra Bilbao-New York-Bilbao, gañadora do Premio Nacional de Narrativa en 2009. A súa novela, escrita orixinalmente en éuscaro, apareceu este mes traducida ao castelán por Seix Barral, e ao catalán por Edicións 62.

Primeiros ecos da edición en galego da novela de Kirmen Uribe

Jaureguízar comenta no seu blog a noticia da publicación en galego de Bilbao-New York-Bilbao, a novela coa que Kirmen Uribe obtivo o Premio Nacional de Narrativa de 2009. Bilbao e Bermeo son dous ámbitos determinantes no meu pasado (alí están soterradas as fontes das que manou o meu ADN) e na miña infancia. Bermeo é unha vila arrantzale, coma Ondarroa, onde naceu Kirmen Uribe.

«Bilbao-New York-Bilbao» de Kirmen Uribe, Premio Nacional de Narrativa 2009

A comezos de marzo chegará ás librarías a edición galega de Bilbao-New York-Bilbao, a novela coa que Kirmen Uribe obtivo o Premio Nacional de Narrativa 2009. A tradución foi realizada directamente do éuscaro por Isaac Xubín. Bilbao-New York-Bilbao relata un voo entre o aeroporto de Bilbao e o JKF de Nova York.

Xerais: novidades literarias de xaneiro e febreiro de 2010

Tras os días de descanso de Nadal, o equipo da editorial prepara os primeiros lanzamentos das primeiras novidades literarias de 2010. Neste mes de xaneiro aparecerán, dentro da colección Biblioteca das Letras Galegas, dous poemarios de Ramón Cabanillas: Samos, en edición de Xosé Carlos López Bernárdez e No Desterro, en edición de Xosé Ramón Pena.