Publicado o 17 Decembro, 2013 nas categorías Twitter, Xerais, Xerais_nos_medios
Xerais sobrepasou onte os 5.000 seguidores e seguidoras en Twitter, consolidando con forza a súa presenza nesta rede social. Con tal motivo, Xerais agasalla cun lote de libros de novidades á seguidora número 5.000, que resultou ser Rose Cameselle, en Twitter @RoseCameselle, coa que a editorial xa se puxo en contacto. De xeito case simultáneo, o blog de Xerais, continúa a súa actividade incansable e sobreprepasou tamén as 5.
Ler máis →
Publicado o 7 Outubro, 2013 nas categorías Autores, Blogs
A escritora María Xosé Queizán acaba de inauguar un blog no que saúda «a aquelas persoas que se acheguen para establecer unha comunicación intelectual e persoal coa literata, incluída a faceta de xornalista, e como feminista que asocia a condición de política». A escritora afirma que se propón ser comprendida polas que teñan a ben asomarse a estas páxinas con boa fe».
Ler máis →
Publicado o 19 Outubro, 2012 nas categorías Blogs, Noticias
O escritor Agustín Fernández Paz presentou onte a súa nova web, ao final do acto de nomeamento como socio de honra de GALIX. A nova web de Agustín Fernández Paz está deseñada por Pumpún e resulta moderna, atractiva e elegante.
A nova web ofrece unha completa información do escritor, que prima o deseño audivisual, e mantén os apartados de biografía, publicacións, ensaios, e blog, sempre con abundante información gráfica.
Ler máis →
Publicado o 28 Outubro, 2010 nas categorías Autores, Blogs, Narrativa, Noticias, Presentacións
A escritora Iolanda Zúñiga acaba de abrir un blog sobre a obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2010, Periferia. Precisamente esta tarde terá lugar en Pontevedra a presentación da novela (ás 20,00 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, no Edificio Café Moderno de Pontevedra).
Ler máis →
Publicado o 22 Decembro, 2008 nas categorías Narrativa, Noticias
Alberto Canal, autor de Conexión Tubinga ten aberto un blog arredor da novela.
Ler máis →
Publicado o 13 Maio, 2008 nas categorías Educación, Libros_texto_Bacharelato, Libros_texto_ESO, Libros_texto_Primaria, Lingua
Hoxe abrimos a versión beta dun novo blog da editorial: Xerais lingua. Neste novo espazo publicaremos noticias sobre os nosos materiais da área de lingua e literatura galega, tanto de Primaria, ESO como Bacharelato, así como recursos didácticos d einterese para o profesorado da área.
Ler máis →