Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: blogaliza

Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, primeiras entrevistas

Aparecen as primeiras entrevistas a Xavier Queipo, autor de Extramunde, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2011: «A xente que ataca a lingua galega é a que ten medo, e niso consiste en ser de dereitas» (Xornal de Galicia) «A viaxe dunha nave de tolos constitúe a personaxe central da novela» (Atlántico Diario) «O poder esmagador» (Galicia Hoxe). Audioentrevista no programa “O viraventos” (Radiofusión).

#Xerais11

Foto de Paz Raña. Estes Premios Xerais 2011 foron, sen dúbida, os da irrupción de Twitter. Por vez primeira, tuiteouse toda a velada dende o perfil da editorial e creouse un hastag para seguila #Xerais11. Magnífico traballo de emisión dixital de todo o equipo de Blogaliza (Goretoxo, Alfredo, Tati, Ghanito e Mirinho), a quen expresamos a nosa gratitude.

Finalistas dos Premios Xerais 2011

Reunidos hoxe 3 de xuño de 2011 no Castelo de Soutomaior, os xurados dos Premios Xerais 2011 elixiron os finalistas de cada unha das modalidades. O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.

Premios Xerais 2010 por Alfredo Ferreiro e Blogaliza

Premios Xerais 2010 nos blogs, redes sociais e galerías de fotos

Ademais da retransmisión en directo da cerimonia de entrega dos Premios Xerais e as tuitadas realizadas por algúns asistentes, os blogs recollen noticias e valoracións da cerimonia: «Dúas mulleres, Premios Xerais 2010» (Trafegando ronseis) «Iolanda Zúñiga e Teresa González, Premios Xerais 2010» (Imos Indo) «Crónica de San Simón e unha denuncia» (Ferradura en tránsito, X.M.

Os premios Xerais 2010 en directo por Blogaliza.tv, o sábado a partir das 19:00 horas

Os premios Xerais 2010 en directo por Blogaliza.tv, o sábado a partir das 19:00 horas

O sábado, 12 de xuño, a partir das 19:00 horas, Blogaliza.tv transmitirá en directo a cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2010 que dende hai seis anos se celebran na illa de San Simón. No acto, que durará arredor dunha hora, intervirá a escritora Fina Casalderrey como mantedora literaria e os «Alegres da Buraca» no apartado musical.

Os Premios Xerais 2009 poderán ser seguidos por Internet

A cerimonia de entrega dos Premios Xerais 2009, que se celebrará o vindeiro sábado 6 de xuño, a partir das 19:00 horas, na illa de San Simón poderá ser seguida en directo por Internet dende a páxina de Blogaliza tv. Xerais agradece a colaboración de Blogaliza para poñer en marcha por vez primeira nun acto literario galego unha iniciativa semellante. Para seguir a retransmisión Blogaliza dispuxo dunha páxina de axuda.