Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: bng

Presentación en Marín de “Para unha crítica do españolismo” de Camilo Nogueira

O venres, 11 de outubro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal de Marín, terá lugar a presentación do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira (membro do Consello Nacional do BNG). No acto, organizado polo BNG en colaboración con Xerais, participarán Celso Milleiro e Camilo Nogueira.

Presentación de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” en Cee

O sábado, 27 de abril, ás 20:00 horas, no restaurante Insua, Avda Fisterra de Cee, terá lugar a presentación do libro Cómo falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. O acto está organizado polo BNG de Cee.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

Xosé Manuel Eyré publica hoxe en A Nosa Terra unha recensión crítica sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras: O nacionalismo é un dos temas pouco frecuentados na literatura galega. Aqueles que acusan a nosa literatura de dogmatismo, de estar ao servizo do ideario nacionalista e de serlle debedora, fano a conta de, interesadamente, non repararen neste indicio.

«Asasinato no Consello Nacional», valoración crítica no blog «Un ollo de vidro»

«Asasinato no Consello Nacional», valoración crítica no blog «Un ollo de vidro»

No blog de Eduardo Maroño, Un ollo de vidro, publícase un post sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Dramatis personae para «Asasinato no Consello Nacional»

Dramatis personae para «Asasinato no Consello Nacional»

Xosé Manuel Eyré propón no seu blog un dramatis personae para a novela de Diego Ameixeiras, Asasinato no Consello Nacional, buscando establecer unha correlación entre personaxes e personalidades públicas da política do BNG. Unha información semellante aparece tamén na Wikipedia, onde se ofrece unha amplísima información sobre a novela.

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Asasinato no Consello Nacional», de Diego Ameixeiras

O Faro da Cultura (Faro de Vigo) publica hoxe unha recensión crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Diego Ameixeiras: «Non son analista político. Só escribo novelas»

Diego Ameixeiras: «Non son analista político. Só escribo novelas»

O escritor Diego Ameixeiras, que esgotou a primeira edición de Asasinato no Consello Nacional nunha semana, foi entrevistado este sábado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia polo crítico Ramón Nicolás. «NON SON ENSAÍSTA NIN ANALISTA POLÍTICO.

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Asasinato no Consello Nacional»

No suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado sábado, inclúese unha crítica de Ramón Nicolás sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, que reproducimos integramente: Xénero negro e «thriller» político En poucas ocasións un libro, como o que Diego Ameixeiras ofrece desde hai escasas semanas, suscitou tal interese.

Artigo de opinión de Alberto Ramos sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo de opinión de Alberto Ramos sobre «Asasinato no Consello Nacional»

O xornalista e escritor Alberto Ramos publicou o pasado domingo 10 un artigo de opinión no Xornal sobre Asasinato no Consello Nacional no que di que Diego Ameixeiras crea un detective taoísta único na literatura galega e fala do morbo da novela.

Ameixeiras: “Se algo non falta no BNG é autocrítica, pero privada”

Alberto Ramós entrevista en Xornal de Galicia a Diego Ameixeiras con motivo da aparición de Asasinato no Consello Nacional. Velaí o comezo do texto: “Bloque: masa grande de materia sólida, moi compacta e pesada. (Dicionario Xerais da Lingua)”. Está é a cita que elixiu Diego Ameixeiras (Lausanne, Suiza, 1976) para abrir a súa nova novela, Asasinato no Consello Nacional (Xerais).

Artigo sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Artigo sobre «Asasinato no Consello Nacional»

Fran P. Lorenzo publica na contraportada do xornal Galicia hoxe un artigo de opinión sobre Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras, que reproducimos: Creo que non leva nin unha semana nas librarías e en Xerais xa están a preparar a segunda edición de Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras.

Diego Ameixeiras, en Galicia Confidencial

Diego Ameixeiras, en Galicia Confidencial

Asasinato no Consello Nacional, a última novela de Diego Ameixeiras, que está a ter unha impresionante acollida por parte dos lectores, é o motivo da entrevista, asinada por Walter Burns, que aparece hoxe no Galicia Confidencial: «O bipartito soportou unha presión mediática asfixiante e Galiza é profundamente dócil» Galicia Confidencial entrevista ao escritor do momento.