Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: bretemas

O interese que esperta «O misterioso Dr. Saa»

O interese que esperta «O misterioso Dr. Saa»

Brétemas, o blog de Manuel Bragado, director de Xerais, publicaba unha anotación sobre a expectación que está a despertar o libro da colección crónica O misterioso Dr. Saa, subtitulado A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata, de Xosé Díaz Díaz e Belén Fernández Guzmán.

«Meu pai vaite matar»: de Rosalía de Castro a María Xosé Queizán

Manuel Bragado, director de Xerais, fai unha crónica da presentación de Meu pai vaite matar, de María Xosé Queizán, no seu blog Brétemas. Coa Queizán No acto de presentación de Meu pai vaite matar, Marga Romero reivindicou a figura de María Xosé Queizán escollendo unha das metáforas da escritora viguesa: «Teño raíces nesta terra, pero son aéreas».

A crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz

A crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz

Manuel Bragado, director de Xerais, publica en Brétemas unha crónica da entrega do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz no marco da Feira Internacional do Libro de Guadalajara, en México, que reproducimos: Sei que nunca esquecerei esta Feira de Guadalajara con Agustín.

«O noso amor será eterno», de Rivadulla Corcón: amor e lendas na Costa da Morte

La Voz de Galicia recolleu a noticia, asinada por M. P. Valle, da presentación en Muxía de O noso amor será eterno, de X. H. Rivadulla Corcón. Tamén en Brétemas se dá conta do transcurso da presentación. Ahí va una confesión: Me gustan las historias de amor, me gustan las leyendas y me gusta la Costa da Morte.

Premios Xerais 2011 nos blogs

Varios blogueiros e blogueiras comezan a publicar as súas crónicas e comentarios sobre os Premios Xerais 2011. A todos eles a maior gratitude de Xerais. Gracia Santorum, Trafegando Ronseis: «Nos Premios Xerais». Fotos. Xosé Manuel Eyré, Ferradura en tránsito: «Crónica de san Simón, Xerais 2011». Jaureguizar, Cabaret Voltaire: «O Extramunde de Queipo leva o Premio Xerais».

Premios Xerais 2010 nos blogs, redes sociais e galerías de fotos

Ademais da retransmisión en directo da cerimonia de entrega dos Premios Xerais e as tuitadas realizadas por algúns asistentes, os blogs recollen noticias e valoracións da cerimonia: «Dúas mulleres, Premios Xerais 2010» (Trafegando ronseis) «Iolanda Zúñiga e Teresa González, Premios Xerais 2010» (Imos Indo) «Crónica de San Simón e unha denuncia» (Ferradura en tránsito, X.M.

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Os Premios Xerais 2009 nos blogs

Son moi numerosas as crónicas, anotacións ou fotografías publicadas nos blogs e nos perfís de Facebook sobre o serán dos Premios Xerais 2009. A todos os blogueiros e blogueiras agradecemos o seu agarimo.