Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: bruno_martínez_tabares

Novidade: «Viaxe ao futuro». Unha obra na que os cativos poderán atopar de seu respostas rápidas a preguntas enxeñosas

Viaxe ao futuro, de Larousse Editorial, con ilustracións de Bruno Martínez Tabarés, é unha novidade da colección Básicos Ciencia Infantil de Xerais.

Unha proposta divertida e moi atractiva para quen fai preguntas sen cesar. «A ciencia do día a día», de Xerais. Anotación de Ramón Nicolás

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica unha anotación sobre o libro: A ciencia do día a día, de Xerais, con ilustracións de Bruno Martínez Tabarés.

Un libro de Xerais para mentes curiosas: «A ciencia do día a día». Anotación no xornal «El Progreso»

O xornal El Progreso publicou unha anotación sobre o libro: A ciencia do día a día, de Larousse Editorial, ilustrado por Bruno Martínez Tabarés. O libro está editado por Xerais na colección Básicos da Ciencia. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «A ciencia do día a día». Un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira

A ciencia do día a día, de Larousse Editorial, con ilustracións de Bruno Martínez Tabares, é unha novidade da colección Básicos da Ciencia-Infantil de Xerais. Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira.