Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cabaret_voltaire

As memorias dun home ao que lle cabía Galicia na cabeza: «Conversas con Paco del Riego», de Perfecto Conde. Artigo de Jaureguizar

O xornal dixital Galiciaé publicou un artigo de Jaureguizar sobre Conversas con Paco del Riego, de Perfecto Conde.   Os cinco disparos de Paco del Riego Perfecto Conde publica unha entrevista fascinante con Francisco del Riego. O libro traza unha xenealoxía moral sobre a traizón e o perdón na cultura galega.

Amado Ramón Piñeiro. Artigo de Jaureguizar sobre «Amada liberdade», de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla

O escritor e xornalista Jaureguizar reproduciu no seu blog a columna sobre Amada liberdade, de Fernándo Pérez-Barreiro Nolla, que publicou a fin de semana no xornal El Progreso.   AMADO RAMÓN PIÑEIRO Temos unha tendencia equivocada a ler as memorias coma se fosen biografías. A min pasoume con ‘Amada liberdade’ (Xerais), o libro de Fernando Pérez-Barreiro Nolla.

A inxustiza do esquecemento: «O gato fantasma», de Xelís de Toro. Anotación de Jaureguizar

Jaureguizar publicou no seu blog unha anotación sobre O gato fantasma, de Xelís de Toro.   Os gatos perdidos O máis sorprendente do meu gato é o seu desinterese cara á morte. Pasou dos 18 anos, pero non se lle distinguen signos finalistas por moito que o observe un. Certo que hai anos deixou de andar ás carreiras polo salón ripando de cortina a cortina coma un piloto de Red Bull.

Premios Xerais 2011 nos blogs

Varios blogueiros e blogueiras comezan a publicar as súas crónicas e comentarios sobre os Premios Xerais 2011. A todos eles a maior gratitude de Xerais. Gracia Santorum, Trafegando Ronseis: «Nos Premios Xerais». Fotos. Xosé Manuel Eyré, Ferradura en tránsito: «Crónica de san Simón, Xerais 2011». Jaureguizar, Cabaret Voltaire: «O Extramunde de Queipo leva o Premio Xerais».

Ameixeiras: «Confío no sentido do humor dos dirixentes nacionalistas»

A perda da presenza en San Caetano tras as eleccións do 2009 supuxo unha convulsión no Bloque Nacionalista Galego. O sangue non chegou ao río, pero Diego Ameixeiras decidiu levalo pola súa conta para escribir Asasinato no Consello Nacional, a novela coa que Xerais agarda en setembro unha recepción proporcional ao ascenso do que goza o autor ourensán.