Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cadeas

A novela «Cadeas», de Xabier López López e o naufraxio do HMS Serpent. Anotación de Miro Villar

O escritor Miro Villar publicou no seu blog  unha anotación sobre a novela Cadeas, de Xabier López López e o naufraxio do HMS Serpent.

«Dez Premios Xerais que paga a pena ler», segundo o criterio de Biosbardia

BiosBardia publicou un artigo de César Lorenzo Gil baixo o título «Dez Premios Xerais que paga a pena ler». (Foto de Xan Carballa)       Dez Premios Xerais que paga a pena ler O sábado, 7 de xuño, saberemos que novela gaña o Premio Xerais de Novela 2014. A publicación da obra gañadora aínda demorará uns mesiños.

Gandes doses de fina ironía con final incerto: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Lino García Salgado

Lino García Salgado publicou na web da asociación A.D.A.N unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Xabier López López: «Non podemos confundir o canon coa lista dos máis vendidos». Entrevista de César Lorenzo

BiosBardia publicou unha entrevista que lle fixo César Lorenzo Gil a Xabier López López, gañador do Premio Xerais de Novela 2013 con Cadeas. (Foto de Manuel G. Vicente).       «Non podemos confundir o canon coa lista dos máis vendidos» Xabier López López (Bergondo, 1974) chega aos 40 anos na plenitude da súa carreira literaria.

Un libro moi creativo: «Cadeas», de Xabier López López. Crónica da presentación

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de María Hermida sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013 na Pobra do Caramiñal.

«Cadeas» ou a novela como límite. Sobre o Premio Xerais de Novela 2013. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela 2013.   «Cadeas» ou a novela como límite Na presentación pontevedresa de Cadeas da man do Ateneo, tanto Xesús Constela como Ramón Rozas e Xabier López López insistiron na idea da novela como límite.

Alta literatura: «Cadeas», de Xabier López López. Anotación de Agustín Agra

O escritor Agustín Agra publicou no blog de Barbantia unha anotación sobre Cadeas de Xabier López López.     Cadeas (digresión artística), de Xabier López Cadeas –o texto de Xabier López gañador do último premio Xerais– son dúas cadeas entrelazadas.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López n’A Pobra do Caramiñal

O venres, 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán, rúa Rafael Calleja, 11-13 d’A Pobra do Caramiñal, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, Premio Xerais de Novela, 2013 e do número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia.

Presentación de “Cadeas” de Xabier López López en Pontevedra

O xoves, 27 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás, rúa Don Filiberto, 9-11 (a carón do Teatro Principal) en Pontevedra, terá lugar a presentación de Cadeas de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais de Novela, 2013. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais,  participarán Ramón Rozas, Xaime Toxo, Manuel Bragado e o autor.

Trazos da existencia: «Cadeas», de Xabier López López. Crítica de Lino García Salgado

Lino García Salgado publicou en Terra e Tempo unha recensión crítica sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.

Xabier López López: «Para escribir, a verdadeira necesidade é o tempo». Entrevista de Toni Silva

La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Toni Silva a Xabier López López, gañador do Premio Xerais de Novela 2013 con Cadeas. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Un texto moi orixinal: «Cadeas», de Xabier López López. Artigo de X. C. Caneiro

Xosé Carlos Caneiro escribiu no seu artigo do suplemento Culturas de La Voz de Galicia sobre Cadeas, de Xabier López López, novela gañadora do Premio Xerais 2013.   Cadeas, de Xabier López, é un exemplo notorio e notable deste tipo de narracións cosidas. A novela ganou o Xerais 2013, e parécenos un collage atractivo e voluntariamente esteticista.