Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cadena_ser

O Vigo literario da man dos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban. Entrevista en Radio Vigo

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.

Ledicia Costas: «O Premio Kelvin faime moita ilusión e dedícollo aos meus lectores» Entrevista en Radio Vigo con motivo da concesión do Premio Kelvin ao libro: «A balada dos unicornios»

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista coa escritora Ledicia Costas para falar sobre o libro: A balada dos unicornios, publicado por Xerais na colección Camaleón e que resultou gañador do Premio Kelvin 505 do Festival Celsius 232 á mellor novela xuvenil orixinal, 2019. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

Beatriz Maceda: «Este libro saliume do corazón» Entrevista na cadena Ser sobre: «Lúa en ningures»

O programa Hoy por Hoy A Coruña, da cadena Ser, emitiu unha entrevista coa escritora Beatriz Maceda sobre o libro: Lúa en ningures, ilustrado por Laura Veleiro. O libro está publicado por Xerais na colección Merlín. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Antonio Tizón: «En todas as miñas novelas aparece A Coruña como escenario fundamental.». Entrevista en Radio Coruña – Cadena SER sobre «Un home estraño»

A emisora da Cadena SER na Coruña emitiu unha entrevista con Antonio Tizón sobre a novela Un home estraño e a visita guiada que o autor realizará o sábado 8 de setembro dentro da iniciativa Paseos pola Coruña Literaria organizada pola AELG. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Unha investigación entre a intriga e a recuperación da memoria que nos somerxe na Coruña dos anos 70: «Fálame do silencio», de Pablo L. Orosa. Crítica en Radio Coruña – Cadena SER

A emisora da Cadena SER na Coruña emitiu unha recensión sobre a novela Fálame do silencio, de Pablo L. Orosa. A recensión pode escoitarse nesta ligazón (a partir do minuto 6:30).