Unha novela amena que abre as portas ao coñecemento: «O anxo negro» de Manuel Gago. Anotación no blog Caderno de Escola
O blog Caderno de Escola, asinado por Leonor, publicou unha anotación sobre a novela O anxo negro, de Manuel Gago. «O Anxo negro» de Manuel Gago «Quenquera que fose estaba saqueando Galicia e toda a riqueza artística que, durante séculos, a propia Historia, esa procesión de poderosos, artistas, meretrices, humildes e ladróns, fora acumulando por todas partes.