Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: caderno_do_nilo

Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Cesáreo Sánchez Iglesias. Foto: Eduardo Castro Bal /AELG     Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes» Hai un mes, a Asociación de Escritoras e Escritores Galegos (AELG) celebrou en Pontevedra o seu VI Congreso.

Presentación de “Caderno do Nilo” de Cesáreo Sánchez Iglesias en Pontevedra

O sábado, 14 de marzo, ás 12:00 horas, no “vermú entre libros” da  librería Paz, Rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto participarán Lucía Novás e Cesáreo Sánchez Iglesias.

Un libro como unha viaxe: «Caderno do Nilo». Artigo de Teresa Serara

Reproducimos o texto coa intervención de Teresa Seara sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, lido o 16 de xaneiro na libraría «A lus do candil» de Arteixo.   Caderno do Nilo          Desde o momento exacto en que abrimos os ollos á vida, crávasenos profundamente o aguillón da curiosidade, un forte desexo por desentrañarmos os segredos e marabillas do entorno.

Cesáreo Sánchez Iglesias: «Unha nación que ten unha cultura milenaria, con raíces tan fondas, sobrevivirá aos que a negan». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista co escritor Cesáreo Sánchez Iglesias sobre o seu poemario Caderno do Nilo.   Parlamento das Letras Cesáreo Sánchez Iglesias Cesáreo Sánchez Iglesias é todo el cordial verba. Corazón de palabras que alenta pola boca do idioma, que se domea en conversas e silencios, en luces e sombras da nosa terra e das landas outras.

Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía permite chegar ás capas máis profundas do que ves e sintes». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal aCesáreo Sánchez Iglesias sobre o seu poemario Caderno do Nilo.     Cesáreo Sánchez Iglesias, “A poesía permite chegar ás capas máis profundas do que ves e sintes” O escritor Cesáreo Sánchez Iglesias recibe este sábado día 14 ás 12.

Antón Cortizas e Cesáreo Sánchez Iglesias recibiron os Premios Losada Diéguez en Boborás

El Correo Gallego e Galicia Hoxe publican unha información sobre  aentrega dos Premios Losada Diéguez no Pazo de Moldes, no concello de Boborás, que recaeron nesta edición no poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, polo seu libro Caderno do Nilo, e no escritor Antón Cortizas, por Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, nos apartados de creación e investigación respectivamente.

Cesáreo Sánchez Iglesias e Antón Cortizas, Premios Losada Diéguez de creación e investigación

O poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu libro Caderno do Nilo, e o escritor Antón Cortizas, con Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, resultaron gañadores esta fin de semana do Premio Losada Diéguez nos apartados de creación e investigación respectivamente. O xurado, que se reuniu no Concello de Boborás premiou estas dúas obras de Xerais, sinalou as virtudes das obras premiadas.

Un dos mellores froitos líricos do ano 2013: «Caderno do Nilo», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias.   Culturalismo e emoción Sánchez Iglesias é unha das voces máis características da chamada xeración poética dos oitenta. Tense dito, e con razón, que unha das características sobranceiras desta xeración poética é o culturalismo.

Os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición 2014

A Asociación Galega de Editores fixo públicos os libros finalistas dos Premios Ánxel Casal da Edición, galardóns que pretenden recoñecer o traballo realizado polos editores galegos ao longo do ano. A presentación de candidaturas e a primeira votación é realizada polos editores e, posteriormente, de entre os libros e proxectos finalistas, o xurado delibera e decide os premiados de cada unha das categorías.

Desandar a luz: «Caderno do Nilo», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Armando Requeixo en Tempos Novos

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de Armando Requeixo sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias.   A recensión titúlase «Desandar a luz» e pode lerse ou descargarse en pdf neste enlace.

Fermosura que nos emociona: «Caderno do Nilo», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Román Raña

Román Raña publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias.   Intensas brevidades Nos ollos do viaxeiro Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín, O Irixo,1951) é, sen dúbida, poeta de intensas brevidades.

Presentación en Santiago de “Caderno do Nilo” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación de Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto, organizado pola Asociación Cultural O Galo, a libraría Pedreira e Xerais, participarán Berta Dávila, Carlos Negro, Manuel Bragado e o autor.