Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: café_badía

Presentación en Vigo de “Noites de safari” de Marleen MaLone

O xoves 10 de maio de 2018, ás 22:00 horas, no Café Badía, rúa Sanjurjo Badía, 240, Teis.Vigo, terá lugar a presentación da novela Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados de Marleen MaLone. No acto acompañará á autora o escritor Marcos Calveiro.

Presentación en Vigo de “Violeta quere ser vampiro” de Ramón D. Veiga e David Sierra

O martes, 31 de outubro, 2017, a partir das 19:30 horas, no Café Badía, Sanjurjo Badía, 240, de Vigo, terá lugar a festa-presentación do libro Violeta quere ser vampiro de Ramón D. Veiga, ilustrado por David Sierra.

Un libro que é signo dos tempos: «Tempos de bebidas isotónicas e fast-food», de Álex Alonso. Anotación en Brétemas

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro  Tempos de bebidas isotónicas e fast-food, de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole.

Presentación en Vigo de “Tempos de bebidas isotónicas e fast-food” de Álex Alonso

O venres, 22 de abril, ás 20:00 horas, no Café Badía, Sanjurjo Badía, 240, Vigo, terá lugar a presentación do libro Tempos de bedidas isotónicas e fast-food de Álex Alonso, XVII Premio de Narrativa curta Ánxel Fole. No acto participarán Marcos Calveiro, Manuel Bragado e Álex Alonso.

Presentación en Vigo de “Muros de aire” de An Alfaya

O venres, 25 de setembro, ás 20:00 horas, no Café Badía, rúa Sanjurjo Badía, 240, en Vigo, terá lugar a presentación do libro Muros de aire de An Alfaya. No acto participarán Ramón Nicolás, Manuel Bragado e An Alfaya.