Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: calendario_xerais

Novidade: «Calendario Xerais 2018. Mulleres», de Pacheco

O Calendario 2018. Mulleres, de Pacheco, é unha novidade anual de Xerais. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do fotógrafo Jaime de Sousa Guedes Pacheco. O legado fotográfico do Arquivo Pacheco é un prodixio. Ten ese don de ofrecernos a paisaxe urbana primixenia. Mais tamén un tempo e un xeito de vivir.

A Galicia de hai cen anos: o calendario de Xerais para o 2014 con fotos de Ruth Matilda Anderson. Anotación de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión sobre  o Calendario Xerais 2014 Ruth Matilda Anderson.   O calendario para o 2014 Un día de agosto de 1924, vai facer así dentro duns meses noventa anos, a fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson desembarcou no porto de Vigo.

Novidade: Ruth Matilda Anderson, un fermoso calendario de Xerais para todo o ano 2014

Calendario fotográfico de parede con 13 fotografías de Ruth Matilda Anderson e con prólogo de Manuel Rivas. Inclúe festivos, fases da lúa e textos dos diarios de viaxe da propia Ruth Matilda e do seu pai Alfred Theodore Anderson. A fotógrafa estadounidense Ruth Matilda Anderson desembarcou no porto de Vigo na mañá do 7 de agosto de 1924 acompañada do seu pai Alfred Theodore Anderson.