Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: camilo_franco

An Alfaya: «Quixen ser escritora e lectora». Entrevista de Camilo Franco coa autora de «Vía secundaria»

Camilo Franco publicou en La Voz de Galicia unha entrevista con An Alfaya, autora Vía secundaria, Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia 2010. «Quixen ser escritora e lectora» A novela Vía secundaria acaba de cumprir outra etapa. Primeiro, foi gañadora do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia 2010 e publicada nas páxinas deste periódico e, desde hoxe, está nas librerías en formato libro.

Ramón Nicolás, autor da biografía sobre Celso Emilio Ferreiro que publicará Xerais: «foi famoso pero nunca chegou a vivir da literatura»

La Voz de Galicia publica unha entrevista de Camilo Franco con Ramón Nicolás sobre a biografía de Celso Emilio Ferreiro que Xerais editará en 2012.

Entrevista de Camilo Franco a Manuel Rivas: «Os contos son animais solitarios»

Entrevista de Camilo Franco a Manuel Rivas: «Os contos son animais solitarios»

La Voz de Galicia publica unha entrevista de Camilo Franco con Manuel Rivas sobre a publicación do seu libro O máis estraño. Manuel Rivas: «Os contos son animais solitarios» O autor agrupa nun só libro todos os seus relatos breves dende hai 20 anos, «corrixidos, pero non reescritos» As metáforas non se deteñen nas palabras de Manuel Rivas.

«O máis estraño», de Manuel Rivas, reune todos os seus contos nun volume

«O máis estraño», de Manuel Rivas, reune todos os seus contos nun volume

La Voz de Galicia publica unha información de Camilo Franco sobre O máis entraño, o libro que reune os relatos completos de Manuel Rivas que Xerais enviará ás librerías a finais de vindeira semana.

Anxo Fariña, Premio Merlín de Literatura Infantil, primeiras entrevistas

Aparecen as primeiras entrevistas a Anxo Fariña, autor d’ A chave da Atlántida, novela gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2011: «Os gañadores dos Xerais infantil e xuvenil abren as fronteiras do xénero» (La Voz de Galicia, 13-06-2011). «A miña inspiración naceu na pedra da Campá das Illas Cíes» (Atlántico Diario) Vídeo entrevista en Blogaliza.tv.

Premios Xerais 2011 nos medios

Foron numerosas as referencias na prensa galega, tanto impresa como dixital, ao fallo dos Premios Xerais 2011. «Os Xerais distinguen obras de aventuras mariñas e de intriga» (Camilo Franco, La Voz de Galicia). «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Premios Xerais 2011» (E. Ocampo, Faro de Vigo). «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”« (Xornal de Galicia).

«Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade», asegura Ana Acuña a raíz da publicación da «Poesía completa»

«Pereiro estaba á marxe do ruído do mundo, pero non da sociedade», asegura a profesora Ana Acuña, responsable da edición da Poesía completa de Lois Pereiro, publicada por Xerais, nunha entrevista de Camilo Franco que sae hoxe en La Voz de Galicia.

Intensa programación de Xerais para o derradeiro día do Culturgal

Hoxe remata o Cultugal en Pontevedra. Amais das intensa programación do evento, que se pode consultar na web ou descargar o en pdf, Xerais ofrece para hoxe domingo un intensto día de encontros con autores. A programación de Xerais para os tres días tamén se pode descargar en pdf. Domingo 28 Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Camilo Franco entrevistará aos autores. Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.

Programación de Xerais no Culturgal

Os próximos días venres 26, sábado 27 e domingo 28 celébrase en Pontevedra o Culturgal, que se desenvolverá no Pazo de Congresos. Trátase da III edición do Culturgal, que este ano se celebra na capital do Lérez, unha nova aposta por ofrecer un escaparate do que produce a industria cultural galega. A programación do Culturgal está chea de actividades que se poden consultar na súa web.

Rosa Aneiros e os autores de «Níxer» asinarán o luns, 2 de agosto, na Feira do Libro da Coruña

O vindeiro luns, 2 de agosto, comezan os actos que Xerais ten previsto realizar na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Ás 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. Ás 19:30 h.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez. Día 2 luns 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. 19:30 h.

Teresa Moure e os autores de «Níxer» na Feira do Libro de Vigo

Mañá, xoves, 8 de xullo ás 19:30 h na Feira do Libro de Vigo presentarase Níxer, libro solidario promoivodo por Acción contra a Fame e editado por Xerais. No acto intervirán dous dos coautores, Camilo Franco e Francisco Fernández Naval, Isabel Iglesias Santos, rsponsable en Galicia de Acción contr a Fame e o editor Fran Alonso. O venres, 9 de xullo, tamén ás 19:30 horas, presentarase a novela de Teresa Moure A Intervención.