Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: camiñar_o_vigo_vello

«Infamia», de Ledicia Costas, e «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijóo, na lista dos libros máis vendidos. Noticia no «Faro de Vigo»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo de A. de Santos sobre a lista dos libros máis vendidos, con mención a dous títulos publicados por Xerais: Infamia, de Ledicia Costas, e Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijóo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban falan sobre a relación da cidade de Vigo coa literatura. Noticia no xornal «Atlántico Diario»

O xornal Atlántico Diario publicou unha noticia sobre a mesa redonda que mantiveron os escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban, xunto co director de Xerais, Fran Alonso, no marco da Feira do Libro de Vigo, para falar sobre a relación entre a cidade de Vigo e a literatura.

O Vigo literario da man dos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban. Entrevista en Radio Vigo

A emisora Radio Vigo, de Ser Galicia, emitiu unha entrevista cos escritores Ledicia Costas, Pedro Feijóo e Manuel Esteban para falar sobre o Vigo literario, con mención aos libros: Infamia, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, A ira dos mansos, O meu nome é Ninguén, Camiñar o Vigo Vello, Os fillos do mar e A memoria da choiva, todos eles publicados por Xerais. As súas intervencións poden escoitarse nesta ligazón.

Un paseo meditado polas rúas da cidade antiga e unha vindicación da memoria cidadá: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Reportaxe en «ZigZag Diario»

O programa ZigZag Diario da TVG emitiu unha reportaxe sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Un libro que recende a mar, unha obra de referencia para calquera paseo pola cidade: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Crítica de David González no blog «Palabra de Gatsby»

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. Recensión: Pedro Feijoo, «Camiñar o Vigo vello» Sabendo que a historia de Vigo é unha gran descoñecida para a meirande parte da súa poboación non é de estrañar que as pequenas historias que agochan algunhas das rúas que os vigueses transitan aínda séxano máis.

Un percorrido sentimental, ameno e ben documentado pola cidade de Vigo: «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo. Crítica de Vicente Araguas

O crítico Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Pedro Feijoo herdou do seu avó, Manuel de la Fuente, o gusto pola documentación e o dominio do relato: artigo de Ceferino de Blas sobre «Camiñar o Vigo vello»

O xornal Faro de Vigo publicou un artigo de Ceferino de Blas sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. O artigo pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

«Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo, no programa «Cada día un libro» da TVG. Un paseo devagar polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo a Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. O espazo pode verse nesta ligazón.

Baixo a súa modernidade, Vigo agocha unha historia de longo percorrido: recensión sobre «Camiñar o Vigo vello», de Pedro Feijoo, en «La Opinión»

O xornal La Opinión publicou unha recensión crítica de Estro Montaña sobre Camiñar o Vigo vello, de Pedro Feijoo. A recensión pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Paseos polo Vigo vello co escritor Pedro Feijóo

A TVG emitiu unha reportaxe sobre Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade, de Pedro Feijoo. A reportaxe pode verse nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Vigo está chea de pistas para coñecer a súa identidade»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista ao escritor Pedro Feijoo sobre o seu libro Camiñar o Vigo vello. Un paseo pola historia da cidade.

Pedro Feijoo inicia unha serie de rutas polo casco vello de Vigo en Localia Televisión

O escritor Pedro Feijoo inicia unha serie de rutas polo casco vello de Vigo que se está a emitir en Localia Televisión e que realiza a partir do seu libro Camiñar o Vigo vello.  O vídeo da primeira emisión pode verse nesta ligazón. Localia recupera la historia del Vigo Vello con Pedro Feijóo En una serie de reportajes el escritor analiza la historia de lo que perdura y lo que perdimos Marta Díaz.