Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cancela_aberta

Unha ollada galega universal: «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cancela aberta, de Xosé Neira Vilas.

Brevidade e vontade de estilo: «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha recensión crítica sobre os últimos libros de Xosé Neira Vilas, entre eles Cancela aberta.   «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas (…)  Cancela aberta, por outro lado, insírese nesoutro ámbito de traballo, continuado e intenso, que Neira vén desenvolvendo desde hai ben anos e que é o da divulgación de corte ensaístico a través da súa práctica xornalística.

Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Xerais estará presente o domingo 25 de agosto en dúas das actividades da Praza dos Libros organizada polo concello de Carballo. Ás 12:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares d’ As voces baixas e do resto da súa obra. Durante esa mañá, todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo. Ás 18:00 horas, Xosé Neira Vilas presentará os libros Cancela Aberta (Xerais) e Aquel Neno (Embora).

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

Xerais na Feira do Libro de Rianxo

O venres, 26 de xullo, Xerais organiza, na Feira do Libro de Rianxo, dous actos literarios: Ás 20:00 horas presentación de Cancela aberta de Xosé Neira Vilas. Participan Manuel Bragado e o autor Ás 21:00 horas “A noite no deserto”. Diálogo sobre a novela e a construcción da memoria con Francisco X. Fernández Naval, autor de A noite branca e Antón Riveiro Coello, autor de Laura no deserto. Modera Xerardo Agrafoxo.

Novidade: «Cancela aberta», de Xosé Neira Vilas

Cancela aberta, de Xosé Neira Vilas, é unha novidade da colección Crónica. Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de noticias e curiosidades diversas.