Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cando_petan_na_porta_pola_noite

Faleceu Xabier P. DoCampo

O escritor Xabier P. DoCampo faleceu esta noite na Coruña. O cadro de persoal de Xerais quere expresar as súas condolencias pola perda dunha das figuras máis importantes da cultura galega dos nosos días. Botaremos en falta a súa amizade, a súa conversa, as súas apertas e a súa xenerosidade; quédanos a grandeza da súa obra, que nos acompañará sempre. Xabier P. DoCampo naceu en Rábade en 1946.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

«Contos por palabras» e «Cando petan na porta pola noite» no canon da LIX do século XX

Segundo informa a revista CLIJ no seu primeiro número de 2010, un total de 19 especialistas seleccionaron os «10 títulos imprescindibles da LIJ española do século XX». Entre eles elixiron dous títulos publicados por Xerais na colección Merlín: Contos por palabras de Agustín Fernández Paz e Cando petan na porta pola noite de Xabier DoCampo. Traducimos a reseña de cada un deles realizada por Victoria Fernández.