Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cantares_gallegos

Xerais ofrece máis de 110 títulos en formato ebook, desde literatura infantil e xuvenil a novidades de narrativa ou clásicos

A decidida aposta de Xerais por abrir o seu catálogo de xeito sistemático aos dous formatos actuais do libro, o formato papel e o formato ebook, está xa plenamente consolidada, con máis de 110 títulos a disposición dos lectores e lectoras, asumindo así o reto que os novos xeitos de lectura demandan.

Unha edición referencial: «Cantares gallegos», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira

Ramón Nicolás publicou o no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre os libros publicados este ano en torno a Rosalía de Castro, entre eles Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.   Cantares gallegos Cantares gallegos, Rosalía de Castro, Xerais, 2013, 472 páxinas.

Traballo exhaustivo e magnífico: «Cantares gallegos», de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira. Artigo no Diario de León

José A. Balboa de Paz publicou o 27/7/2012 un artigo no Diario de León sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. A recensión pode lerse ou descargarse neste enlace.

Memorable edición crítica de Anxo Angueira dos «Cantares gallegos» de Rosalía de Castro. Crítica de Francisco Martínez Bouzas

Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.   «Cantares gallegos», memorable edición crítica O 17 de maio de 1863 tivo lugar en Vigo a publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, o que supuxo o comezo do Rexurdimento xa na súa plenitude.

Entrevista de Pemón Bouzas a Anxo Angueira no programa Eirado, da TVG, sobre «Cantares Gallegos», de Rosalía de Castro

O programa da TVG O Eirado, que dirixe o xornalista e escritor Pemón Bouzas, emitiu unha entrevista a Anxo Angueira sobre a súa edición de  Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

«Faneca Brava», de Manuel Portas, en narrativa, e «Cantares gallegos», de Rosalía de Castro, en poesía, encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog unha nova listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos da información proporcionada por 13 librarías. Faneca Brava, de Manuel Portas, en narrativa,  e Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, (edición Anxo Angueira), en poesía, encabezan a lista dos máis vendidos. O resto dos títulos poden consultarse aquí.

Unha impecable edición de Anxo Angueira: «Cantares gallegos» de Rosalía de Castro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

«Cantares gallegos» de Rosalía de Castro, en edición de Anxo Angueira, no Zig Zag da TVG

O programa da TVG Zig-zag diario, emitiu unha reportaxe sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.

Anxo Angueira: «O máis importante é o seu pensamento social, político, crítico e feminista». Entrevista sobre «Cantares gallegos» en Radiofusión

Radiofusión emitiu unha entrevista a Anxo Angueira sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro. A entrevista pode escoitarse aquí.   Anxo Angueira: «A de Cantares é unha Rosalía de alborada» Un século e medio despois e séguese a revelar inesgotable.

Modélica edición de Anxo Angueira: «Cantares gallegos» de Rosalía de Castro. Crítica de Vicente Araguas

Vicente Araguas publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Ferrol unha recensión crítica sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. Araguas, que califica de «modélica» a edición de Anxo Angueira,  refírese a Rosalía como «ese prodixio que non cesa de pairar riba nosa, conseguindo que a xente do común saiba os seus versos».

Un pracer para gozar da lectura: «Cantares gallegos» de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira.   Para lermos ben e con pracer os Cantares Gallegos Anxo Angueira reedita “Cantares Gallegos” de Rosalía de Castro, unha edición que serve tanto para o público afeccionado á lectura, como para os filólogos e profesionais da lingua.

Rosalía de Castro: feminista e crítica en «Cantares Gallegos». Reportaxe de Mar Mato

Faro de Vigo publicou unha información de Mar Mato sobre Cantares gallegos de Rosalía de Castro, que Xerais editou na colección Clásicos en edición de Anxo Angueira.