Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carballo

Manuel Rivas: «Terranova é a literatura e o dereito a soñar»

O escritor Manuel Rivas presentou onte en Carballo, na Biblioteca Rego da Balsa, a súa novela O último día de Terranova. Reproducimos a información da Voz de Galicia:     Un día feliz para as librarías e os libreiros O escritor Manuel Rivas presentou na Biblioteca Rego da Balsa de Carballo «O último día de Terranova» Manuel Rivas volveu onte a onde tanto tempo pasou e a onde tanto escribiu: Carballo.

Personaxes que quedan gravados na memoria coma unha tatuaxe: «Os televisores estrábicos» de Ramón Vilar Landeira. Artigo de Vicente de Lema

A edición de Carballo de La Voz de Galicia publicou unha recensión crítica de Vicente de Lema sobre o libro Os televisores estrábicos de Ramón Vilar Landeira.   Grandil é nome de pobo Grandil é unha especie de Macondo situado a cabalo do Anllóns. Debe estar a medio camiño entre as bisbarras de Bergantiños e Ordes.

Manuel Rivas e Xosé Neira Vilas asistiron á Praza dos Libros de Carballo

El Correo Gallego publicou unha información sobre a presenza de Manuel Rivas e Xosé Neira Vilas na Praza dos Libros de Carballo.   Neira Vilas e Rivas visitaron a Praza dos Libros de Carballo A última xornada da Praza dos Libros de Carballo non podía ter mellor remate.

Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Xerais estará presente o domingo 25 de agosto en dúas das actividades da Praza dos Libros organizada polo concello de Carballo. Ás 12:00 horas, Manuel Rivas asinará exemplares d’ As voces baixas e do resto da súa obra. Durante esa mañá, todas as persoas que merquen un libro serán agasalladas cun pan de Carballo. Ás 18:00 horas, Xosé Neira Vilas presentará os libros Cancela Aberta (Xerais) e Aquel Neno (Embora).

A Costa da Morte e «Costa do Solpor» de Xosé Mª Lema. Reflexión de Xosé M. Varela Varela

O blog sobre Costa do Solpor reproduce o texto que escribiu Xosé M. Varela Varela para a presentación da novela Costa do Solpor de Xosé Mª Lema, en Carballo.     TEXTO LIDO NA PRESENTACIÓN  EN  CARBALLO  DA  NOVELA COSTA DO SOLPOR  (19-4-2013) Debemos comezar esta presentación literaria preguntándonos cando o concepto de Costa da Morte se achegou a cada un de nós por vez primeira.

Boa acollida para o «Penúltimo Dietario» de Xosé Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas presentou na Prazas dos Libros o seu último libro, publicado por Xerais e titulado Penúltimo Dietario, segundo informou La Voz de Galicia de Carballo, diante dunha “multitude de xente que acudiu ao encontro e á posterior sinatura de exemplares.

Entrevista con Ignacio Silva, autor de «Cara B»

A edición de Carballo de La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista de Antía González con Ignacio Silva, autor de Cara B. «Poesía e narrativa non son máis que palabras nun papel» Ignacio Silva Regueiro (Carballo, 1978) é un dos escritores que estará hoxe na Praza dos Libros, nunha conversa coa poetisa Rosalía Fernández Rial.

Xerais na Praza dos Libros de Carballo

Xerais participará na Praza dos Libros de Carballo que se celebrará do 26 ao 29 de agosto organizada polo concello de Carballo. O completísimo e modélico programa de actividades pode baixarse en pdf aquí. Nesta feira presentaranse dous libros de Xerais: A intervención de Teresa Moure e Lingua de calidade de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Xurxo Souto e Fernández Paz en Literactúa

Xurxo Souto e Fernández Paz en Literactúa

Xurxo Souto con Tres trebóns e Agustín Fernández Paz con O único que queda é o amor participaron nos vindeiros meses no programa Literactúa, organizado polo concello de Carballo.