Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carlos_negro

Presentación en Lalín de “Masculino singular” de Carlos Negro

O venres, 27 de maio, ás 20:30 horas no Museo Ramón Mª Aller de Lalín, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro. No acto, organizado polo Concello de Lalín e Xerais, participarán Lara Rodríguez, Mario Pereira e Carlos Negro.

Construír novos tempos con novas sensibilidades: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de Ramón Nicolás

O crítico Ramón Nicolás publicou no suplemento Fugas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.

«Este libro deixou unha gran pegada en min»: Novas opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre «Masculino singular», de Carlos Negro

O blog As estelas dos ronseis publicou novas opinións dos estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre o poemario Masculino singular, de Carlos Negro.     Masculino singular Comentario de Francisco Rodríguez Este é por desgraza, só o cuarto libro que leo deste magnífico autor, e digo só porque a cada libro que leo increméntanse as miñas as gañas de ler outra marabillosa creación de Carlos Negro.

Just for men: videopoema de Antía Otero sobre «Masculino singular», de Carlos Negro

«Just for men» é un videopoema realizado por Antía Otero sobre un texto do libro Masculino singular, de Carlos Negro.   Just for men from Antía Otero on Vimeo.   «Cando Carlos Negro me propuxo facer un videopoema partindo do seu último libro, tiven claro que tería que crear un contexto. Un marco que non convertise os seus versos nun pretexto, senón no motor.

Carlos Negro: «O meu poemario fala do home que fun, do home que son e do home que non quero ser»

O programa ZigZag da TVG emitiu unha entrevista co poeta Carlos Negro polo seu poemario Masculino singular. A entrevista pode verse nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “Masculino singular” de Carlos Negro

O xoves, 28 de abril, ás 20:30 horas, na libraría Lila de Lilith, rúa Travesa, 7 , de Santiago, terá lugar a presentación do libro Masculino singular de Carlos Negro. No acto participarán Antía Otero, Fran Alonso e Carlos Negro.

Opinións dalgúns estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre «Masculino singular», de Carlos Negro

O blog As estelas dos ronseis publicou a opinión de tres estudantes do IES Laxeiro de Lalín sobre o poemario Masculino singular, de Carlos Negro.   Masculino singular Comentario de David González Sampayo Este foi o primeiro libro de poesía que lin de Carlos Negro e a verdade gustoume máis do que me esperaba, aínda que sen dúbida ségueme gustando máis a prosa que a poesía.

Carlos Negro: «A miña deconstrución da masculinidade é un proceso íntimo que parte do feminismo»

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha entrevista co escritor Carlos Negro polo seu poemario Masculino singular. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Repensar o concepto de masculinidade: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre o libro de poemasMasculino singular, de Carlos Negro. A recensión crítica pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Denuncia dos estereotipos de xénero: «Masculino singular», de Carlos Negro. Crítica en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro de poemas Masculino singular, de Carlos Negro.   Masculino singular Se Carlos Negro non existise, teriamos que invitalo: é unha necesidade.

Carlos Negro: «Eu son un vendedor ambulante de palabras»

O Diario de Pontevedra publicou unha entrevista de Belén López ao escritor Carlos Negro polo seu novo poemario Masculino singular. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Novidade: «Masculino singular», de Carlos Negro. Poesía cun corte de sangue no medio do afeitado

Masculino singular, de Carlos Negro, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos.