Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carlos_negro

«A memoria da choiva», en narrativa; «Penúltimas tendencias», en poesía; «Estación de Tránsito» en Infantil e Xuvenil; e «A alternativa está aquí», en ensaio encabezan os libros máis vendidos

Ramón Nicolás publicou no seu blog a listaxe do Taboeiro do Libro galego, que recolle os libros máis vendidos durante o mes de marzo de 2014 a partir da información proporcionada por 15 librarías galegas.

Carlos Negro: «En ‘Penúltimas tendencias’ abordo o tema da identidade de xénero». Entrevista de Montse Dopico

Montse Dopico publicou no Magazine Cultural Galego unha entrevista co escritor Carlos Negro sobre o seu poemario Penúltimas tendencias.   «Hai todo un mercado especializado que pauta o que as mozas deben comprar, vestir, pensar» Unha moza rebélase contra a ditadura do fashion, cool, chic e sexy. Do dogma do sempre guapa e perfecta, como mandan as revistas de moda.

«Recinto gris» e «Penúltimas tendencias»: literatura intelixente para mozos e mozas intelixentes. Crítica de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas, e Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Literatura intelixente para mozos e mozas intelixentes Ledicia Costas, en Recinto gris escribiu unha preciosa historia de liberación persoal e colectiva.

Libros que buscan o lector, unha lectora xuvenil: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Anotación en Rede Lectura

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares publica unha anotación sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Libros que buscan o lector, unha lectora xuvenil. Libros que fan intentos por atopalo. Probemos… Penúltimas tendencias de Carlos Negro chéganos despois de Makinaria. Mozos e motos. Mozas e moda.

Cuestionario: desobediencia intelixente. Anotación de Eyré sobre «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha cuestionario informal sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.

O verdadeiro grito de guerra: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   «Penúltimas tendencias» Foi onte o crítico Armando Requeixo quen se ocupou de Penúltimas tendencias, o libro de poemas no que Carlos Negro continúa e profundiza o vieiro aberto por Makinaria de revisión da cultura adolescente actual.

«Recinto Gris» e «Penúltimas tendencias»: dous libros para desobedecer. Anotación de Xosé Manuel Eyré

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog Ferradura en tránsito unha anotación sobre Recinto Gris, de Ledicia Costas, e Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Dous libros para desobedecer Ben avisou  Antón Lopo coa súa Obediencia . Evidentemente non foi el só. A literatura está ben surtida de títulos que alertan das consecuencias do seguidismo cego, da carencia de perspectiva crítica propia.

Contra a tiranía do fashion & cool & chic & sexy: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Crítica de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños unha recensión crítica sobre sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.     Disolución do rosa Coñecín a Carlos Negro (Lalín, 1970) nos corredores da Facultade de Filoloxía en Santiago, cando aínda o século non comezara pechar a porta e andabamos a recuperarnos do abraio da caída do muro.

Reivindicación dos dereitos da muller: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Recensión de Gracia Santorum

Gracia Santorum publicou unha  recensión sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro na revista Ollos de aula (nº 13), da coordinadora de ENDL.     Penúltimas tendencias Penúltimas tendencias [Carlos Negro. Ed. Xerais]. Unha reivindicación dende a poesía dos dereitos da muller, quen debe ser forte para pisar tiranías que nos veñen dadas pola superficialidade e o baleiro de revistas e modas actuais.

Un libro que rompe os silencios: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. A opinión da estudante Denise Varela

O blog As estelas dos ronseis, do IES de Silleda, reproduce a opinión da estudante Denise Varela sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Penúltimas tendencias Libros que rompen as barreiras e os silencios, que se atreven a dicir as verdades da nosa sociedade, que che fan rir e ao mesmo tempo que che fagan pensar. Penúltimas tendencias de Carlos Negro é un libro realmente excelente.

Da figura icónica de Rosalía de Castro á proposta poética de Carlos Negro. Comentario de Armando Requeixo en Ames Radio

Armando Requeixo abordou na sección Radiocrítica de Ames Radio o comentario crítico sobre Rosalía de Castro: Imaxe e realidade, de Fernando Pereira Bueno (I: 1:43) e sobrePenúltimas tendencias, de Carlos Negro (II, 7:04 e III, 0:00).

A poesía como vehículo de comunicación coas novas xeracións: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Crítica de César Lorenzo Gil

Biosbardia publica unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre  Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.     «Penúltimas tendencias»: Clixé contra clixé O profesor Carlos Negro publica Penúltimas tendencias, poemario xuvenil que completa a liña iniciada con Makinaria (2009). Ambos libros están editados por Xerais na colección ‘Fóra de xogo’, de libros pensados para adolescentes.