Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carlos_negro

Directo e cru: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Anotación de Antonio García Teijeiro

Antonio García Teijeiro publicou no seu blog Versos e aloumiños unha anotación sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   “PENÚLTIMAS TENDENCIAS”, ÚLTIMO POEMARIO de CARLOS NEGRO: UNHA RAPAZA NA BUSCA DA VOZ DE SEU Non teño dúbidas de que Carlos Negroé un dos poetas máis interesantes e inquedos do noso panorama poético. Carlos non se resigna endexamais a facer obras previsibles.

Un libro imprescindible: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre Penúltimas tendencias, de Carlos Negro.   Penúltimas tendencias Non me cómpre ter unha bóla de cristal para ver o futuro: Carlos Negro percorrerá todos os centros de ensino deste noso país con este poemario que vén de publicar Xerais en Fóra de Xogo.

Novidade: «Penúltimas tendencias», de Carlos Negro. Un universo onde non todo vai ser fashion & cool & chic & sexy

Penúltimas tendencias, un poemario de Carlos Negro, é unha novidade da colección Fóra de Xogo. Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un albúm secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos.

Presentación en Santiago de “Caderno do Nilo” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves, 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira, rúa do Home Santo, 55 de Santiago, terá lugar a presentación de Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto, organizado pola Asociación Cultural O Galo, a libraría Pedreira e Xerais, participarán Berta Dávila, Carlos Negro, Manuel Bragado e o autor.

«Un rato díxolle á lúa»: as mellores esencias da obra poética infantil de Antonio García Teijeiro. Artigo de Carlos Negro

Carlos Negro publicou en Praza Pública un artigo titulado «De cando Rosalía era pequeniña e viu un rato que lle falaba á lúa» no que fala de Un rato díxolle á lúa, a antoloxía poética de Antonio García Teijeiro feita por Fran Alonso e ilustrada por Xosé Cobas, con música de Paco Ibáñez.

Artigo de Carlos Negro sobre «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso

Carlos Negro publicou en Sermos Galiza un artigo de opinión sobre Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.

Cando as emocións pesan máis que as ideoloxías: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso. Para saír das trincheiras

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a presentación de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.   O galego do estigma á estima Novo serán moi fresco e moi interesante na Feira do Libro de Compostela para presentar primeiro o Tastarabás de Antón Cortizas e despois o ensaio lingüístico de Valentina Formoso Do estigma á estima.

Xerais na Feira do Libro de Santiago

Do 27 de abril ao 5 de maio terá lugar, na alameda compostelana, a Feira do Libro de Santiago na que Xerais organiza os seguintes actos: Día 27 sábado 19:00 h.: María Solar asina exemplares de As meigas de Lupa  Día 29  luns 19:00 h.: Agustín Fernández Paz asina exemplares das súas obras. 19:30 h.: Presentación de O códice do Santo Lugar de Pere Tobaruela. Participan: Luz Méndez, Manuel Bragado e o autor. 20:15 h.

De como o azafrán resulta máis valioso que o ouro: «As voces baixas», de Manuel Rivas, un relato íntimo e colectivo. Artigo de Carlos Negro

Carlos Negro publicou en Sermos Galiza un artigo sobre As voces baixas, de Manuel Rivas.   A ollada fértil Isto que agora escribo quizais non chegue nunca á categoría de recensión, nin tan sequera de artigo.

Trafegando ronseis publica un vídeo da intervención de Carlos Negros no IES Chano Piñeiro con «Makinaria»

Trafegando ronseis publica un vídeo cunha charla de Carlos Negro a partir de Makinaria no IES Chano Piñeiro.   Carlos Negro presenta…Makinaria  Di meu pai “el hombre propone y Dios dispone”. E así sucedeu con este vídeo. Cando o ano pasado veu Carlos Negro naquel día inesquecible para todas e todos nós, o meu prezado compañeiro  Anxinho gravouno case integramente.

«Poetízate», a antoloxía de poesía galega de Fran Alonso, actualízase na súa 8ª edición logo de vender 9.000 exemplares

Poetízate, a desenfadada antoloxía da poesía galega creada e ideada por Fran Alonso, e destinada a lectores que non están habituados a ler poesía, constitúe xa un referente inevitable para a edición de libros de poesía e para os centros de ensino galegos, con máis de 9.000 exemplares vendidos, todo un éxito para unha antoloxía poética.

Premios Xerais 2011, as entrevistas a gañadores, membros do xurado e participantes

Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante. Eis a relación e os seus enlaces: Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela por Extramunde.