Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carlos_núñez

A enorme riqueza gráfica celta da área metropolitana de Vigo: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Reportaxe de Ágatha de Santos

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Ágatha de Santos sobre a presentación, no Club Faro, do libro  Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

O espazo milenario da cultura celta: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Crítica de Laura Caveiro

Laura Caveiro publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira, A recensión pode lerese ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Dous libros vigueses: «Vigo metropolitano na Galicia céltica» de Carlos Núñez e «Os fillos do lume» de Pedro Feijoo

O xornalista Fernando Franco fala, no seu artigo de Faro de Vigo de hoxe, de dous libros que acaba de publicar Xerais: Vigo metropolitano na Galicia céltica de Carlos Núñez e Os fillos do lume de Pedro Feijoo.   Núñez y el Vigo de ayer Se hace saber que tengo entre manos cuatro libros y todos tienen a Vigo como referencia, aunque del cuarto, de Amara Castro, hablaré mañana.

Carlos Núñez: «Toda a rica iconografía galaica hai que levala á sociedade de consumo para que se apliquen eses deseños en todos os ámbitos»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha entrevista con Carlos Núñez, autor do libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, ilustrado por Evaristo Pereira, que acaba de editar Xerais. A entrevista pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xerais na Feira do Libro de Vigo 2017

Do xoves, 29 de xuño ao sábado, 8 de xullo terá lugar na Porta do Sol viguesa, ao pé so Sireno, a Feira do Libro de Vigo 2017 na que Xerais terá un variado programa: Día 29 de xuño, xoves 12:30 h.: Pregón de Carlos Núñez. Día 3 de xullo, luns 19:45 h.: Presentación de Os fillos do lume  de Pedro Feijoo con Ledicia Costas. Ao remate, sinatura. 20:00 h.: Paco Barreiro asinará Beixos de lingua. 20:30 h.

Novidade: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Desapareceu o pobo celta?

O libro Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira, é unha novidade de Xerais. Tamén existe edición en castelán. Desapareceu o pobo celta? Esvaeuse a súa cultura milenaria? A verdade é que posiblemente ningún pobo tivo unha influencia tan profunda no transcurso da nosa historia. Non se pode entender unha Galicia sen o románico, como tampouco sen o mundo celta.

Presentación en Vigo de “Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo” de Xesús Alonso Montero

O luns, 6 de marzo, 2017, ás 20:00 horas, na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27, Vigo, terá lugar a presentación do libro Versos dun fistor republicano, marxista, ateo e un pouco epicúreo de Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Carlos Núñez, Luís “Ferreiro” e Manuel Bragado.

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Vigo

“Cartas de republicanos galegos condenados a morte”, presentación en Vigo

O vindeiro xoves, 25 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións do MARCO (antigo cárcere) de Vigo, presentarase o máis recente libro do profesor Xesús Alonso Montero, Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto acompañarán ao autor Alfonso Álvarez Gándara (decano do Colexio de Avogados de Vigo), Carlos Núñez e o editor Manuel Bragado.