Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carlos_taibo

Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»

Xosé Ramón Pena está noite en «Libro Aberto»

Xosé Ramón Pena será entrevistado esta noite por Manolo Romón no programa «Libro Aberto» de TVG con motivo da publicación da súa novela A batalla do paraiso triste. A entrevista foi gravada no Museo Galego de Arte Contemporánea de Santiago e será emitida na noite do domingo a partir das 1:45 da madrugada. Ademais, no programa, Xavier del Valle Inclán falará de Fendas abertas.

«Fendas abertas», crítica no «Faro da Cultura»

«Fendas abertas», crítica no «Faro da Cultura»

Alfredo Iglesias publica no «Faro da Cultura» unha crítica sobre Fendas abertas, o ensaio de Carlos Taibo.

Carlos Taibo, entrevistado por «Vieiros»

Carlos Taibo, entrevistado por «Vieiros»

Carlos Taibo, autor de Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, é entrevistado por Vieiros.

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

«Fendas abertas» no «Diario Cultural»

Carlos Taibo presentou hoxe Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional, o seu máis recente libro publicado por Xerais Ensaio no diario Cultural da radio Galega. Aquí pode escoitarse a entrevista que lle fixeron.

«Fendas abertas», crítica en Culturagalega.org

«Fendas abertas», crítica en Culturagalega.org

Gustavo Hervella publica hoxe unha crítica sobre o último libro de Carlos Taibo titulada “As faces do nacionalismo”. Recollemos un fragmento: Carlos Taibo ofrece un valioso material desde o que repensar moitas das discusións que se interesan pola cuestión nacional e a súa relación coa globalización, coa esquerda e o Estado a principios do século XXI.

«Fendas abertas», seis ensaios de Carlos Taibo sobre a cuestión nacional

«Fendas abertas», seis ensaios de Carlos Taibo sobre a cuestión nacional

Outras das novidades da colección «Xerais Ensaio» deste mes de outubro é Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional , libro de Carlos Taibo, prologado por Xosé Manuel Beiras.