Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carme_vidal

Xurxo Souto: «Que o mundo do mar sexa invisíbel é unha gran estafa»

O xornal Sermos Galiza recuperou unha entrevista de Carme Vidal ao escritor e músico Xurxo Souto sobre o libro Contos da Coruña.   «Que o mundo do mar sexa invisíbel é unha gran estafa» Cando fala de Contos do mar de Irlanda (Xerais), o escritor e músico Xurxo Souto entusiásmase co tesouro que transmite neste seu novo libro, esa épica do mar que non tivemos e que, ao seu ver, nos corresponde.

Dragal Work Camp: o dragón galego adopta forma de campo de traballo. Reportaxe de Carme Vidal

O xornal Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre o campamento de verán organizado en tonro aos libros da serie Dragal de Elena Gallego Abad. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

María Reimóndez: «Gústame o proceso de complicidade coas personaxes e as lectoras». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou hai unhas semanas unha entrevista de Carme Vidal a María Reimóndez sobre a súa última novela, A música dos seres vivos.   María Reimóndez: “Responderei ás preguntas do publico lector sobre a novela” A protagonista da nova novela de María Reimóndez é MK, unha cantante que antes foi Manimekalai, unha nena do Támil Nadu rural.

Fran P. Lorenzo no ” Vermú entre libros” da libraría Paz de Pontevedra

O sábado, 9 de maio, ás 12:30 horas, Fran P. Lorenzo será o autor convidado no Vermú entre libros da libraría Paz, rúa Peregrina, 29 de Pontevedra. O autor de Cabalos e lobos, Premio Blanco Amor de Novela, 2014, conversará coa xornalista Carme Vidal.

Mercedes Leobalde: «Puxen as personaxes en situacións extremas e tiran para adiante con valentía». Entrevista de Carme Vidal

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a á escritora Mercedes Leobalde, gañadora do Premio Ánxel Fole co libro de relatos Funambulistas.   MERCEDES LEOBALDE, ESCRITORA «Puxen as personaxes en situacións extremas e tiran para adiante con valentía» Como funambulistas en situacións extremas camiñan os personaxes do novo libro de Mercedes Leobalde, gañador do Premio Ánxel Fole de narrativa.

Bautista Álvarez: «A emigración a América foi o verdadeiro drama». Entrevista de Carme Vidal

O xornal Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Bautista Álvarez sobre a súa novela Cuarto minguante.   Bautista Álvarez “A emigración é o noso gran drama e merecía ter máis consideración literaria” Con Retallos daquela infancia,Bautista Álvarez descubriuse como escritor de narrativa. Tan só un ano despois sae publicada a súa primeira novela, Cuarto minguante (Xerais).

Lucio Martínez: «Filgueira participou da represión do franquismo mais iso eliminouse dos documentos». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Lucio Martínez Pereda, sobre  Medo político e control social na retagarda franquista, unha novidade da colección Crónica.

Manuel Portas: «O da miña novela é un tema que preocupa a boa parte da intelligentzia deste país»

Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Manuel Portas sobre a súa nova novela, Amor en alpargatas.

Ledicia Costas: «Decidín deixar o oficio de avogada e meterme de cheo na escrita»

Sermos Galiza publica unha entrevista de Carme Vidal a Ledicia Costas sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, a novela gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, que foi seleccionada para a lista do IBBY do bienio 2015-2016 e tamén resultou elixida como Mellor libro infantil para os lectores de Fervenzas Literarias. Escarlatina, a cociñeira defunta estase a converter nun verdadeiro fenómeno literario.

Formig4as, unha serie de novela de aventuras

Formig4as, unha serie de novela de aventuras

Sermos Galiza publicou unha reportaxe de Carme Vidal sobre a nova serie Formig4s, escrita por Pere Tobaruela e deseñada e ilustrada por Andrés Meixide.

Xerais publicará en abril «Cabalos e lobos», de Fran P. Lorenzo, Premio Blanco Amor de Novela, que se achega á novela rosa para relatar unha historia de amor homosexual

Xerais publicará no vindeiro mes de abril Cabalos e lobos, a novela coa que de Fran P. Lorenzo gañou o Premio Blanco Amor de Novela e que está a crear unha enorme curiosidade entre os lectores e lectoras.

Carlos Callón: «A poesía tenta expresar o que a linguaxe non pode»

Sermos Galiza publicou unha entrevista de Carme Vidal a Carlos Callón sobre o seu poemario Atravesar o fantasma. «A poesía tenta expresar o que a linguaxe non pode» Comeza a falar de poesía e non tarda en saír a psicanálise. Lacan preside a conversa e a natureza dos poemas explican a súa continua presenza.