Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: carmen_blanco

O privilexio de contar coa reedición de dúas obras merecentes de recoñecemento tanto de crítica como de público: «Con pólvora e magnolias» e «Estirpe», de Xosé Luís Méndez Ferrín. Crítica de Alba Cid no Diario Cultural

Alba Cid interviu no programa Diario Cultural da Radio Galega para facer unha crítica dos libros: Con pólvora e magnolias e Estirpe, de Xosé Luís Méndez Ferrín. A súa intervención pode escoitarse nesta ligazón.

«Literatura galega de muller» (1990), de Carmen Blanco. Recensión de Marta Neira Rodríguez

Marta Neira Rodríguez publicou en El Correo Gallego unha recensión sobre Literatura galega de muller, de Carmen Blanco, un libro publicado en 1990 e esgotado no catálogo de Xerais.

Presentación de “A noite branca” en Lugo

O xoves, 24 de xaneiro, ás 20:15 horas, na Librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga, 1 – Local 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Carmen Blanco, Fran Alonso, o autor. Acompañamento musical de Carlos Arias. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Uxío Novoneyra, homenaxe do Club Faro de Vigo

Magnífico foi o nivel literario da homenaxe que onte o Club Faro de Vigo rendeu ao poeta Uxío Novoneyra diante dun salón ateigado. Comezou Branca Novoneyra sinalando a dedicación obsesiva do seu pai á poesía e súa alta palabra, subliñando que foi a intención da súa familia conseguir que fosen reeditados todas as súas obras nas condicións que o poeta definira.

2010, Ano Novoneyra

Como ben recorda Galicia hoxe, tal día coma hoxe de hai dez anos morreu Uxío Novoneyra, o grande poeta ao que renderemos homenaxe ao vindeiro 17 de maio.

Miscelánea de textos breves

Miscelánea de textos breves

Xosé Manuel Eyré publica no diario electrónico A Nosa Terra unha crítica de Atracción total, o libro de Carmen Blanco publicado en Xerais Narrativa. Recollemos un dos parágrafos máis significativos do texto: O uso da primeira persoa (hai protagonista) permite que moitos textos poidan ser considerados como microcontos, aínda que o lategazo final climático se dirixe á esfera emocional do lector, algo típico da poesía.

“Atracción total”, crítica en lg3

“Atracción total”, crítica en lg3

Montse Pena Presas publica en lg3 unha crítica sobre Atracción total, o máis recente libro de narrativa de Carmen Blanco.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Xerais participará nos seguintes actos da Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto: 1 venres, ás 20,00 h. Suso de Toro asina Outra Galiza. 1 venres, ás 20,00 h. Presentación de Recordar doe de Herminio Barreiro. Intervirán: Narciso de Gabriel, Manuel Bragado e o autor. 2 sábado, ás 19,00 h. Presentación de Os Grouchos e recital poético “A luz do faro” de Manuel Rivas. 3 domingo, ás 20,30 h.

Carmen Blanco, entrevista en «Galicia Hoxe»

Carmen Blanco, entrevista en «Galicia Hoxe»

O xornal Galicia Hoxe publica unha entrevista con Carmen Blanco a raíz da súa publicación de Atracción total na nosa colección de Narrativa.

“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

“Atracción total”, adianto da crítica de X.M. Eyré

O crítico X. M. Eyré adianta hoxe no seu blog as primeiras impresión críticas de Atracción total, o libro de narrativa de Carmen Blanco. Recollemos uns fragmentos do seu texto: “Xa adiantei que me parece un libro atrevido, equilibrio sen rede entre o literario e o non literario. Entre os lectores espertará admiradores apaixonados e detractores convencidos, aventuramos.