Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cartas_de_inverno

Todo un clásico dentro da literatura galega: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Antón García-Fernández en «Versos e aloumiños»

Antón García-Fernández publicou no seu blog Versos e Aloumiños unha anotación sobre o libro: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas. O libro gañou o Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995, e está publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.

Excelente presenza dos libros de Xerais entre os 50 máis lidos nos Clubs de Lectura

O blog Ler en mancomún, da Asesoría de Bibliotecas Escolares, publicou o listado dos 50 títulos máis lidos nos clubs de lectura escolares durante o curso 2016/2017, dos que 26 títulos foron publicados por Xerais.

O alumnado do CPI Viaño Pequeno opina sobre as lecturas no blog da biblioteca

O blog da Biblioteca de Secundaria do CPI Viaño Pequeno de Trazo publicou diversas opinións do alumnado sobre libros publicados por Xerais.

«Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, e «As horas roubadas», de María Solar, recomendadas pola booktuber galega Corazón ao vento

A canle Corazón ao vento, dunha booktuber galega, recomenda dúas novelas publicadas por Xerais: Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, e As horas roubadas, de María Solar.

As cen mil matrionuscas de Agustín Fernández Paz, por Francisco Martínez Bouzas

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog Novenoites unha recensión crítica sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.

Unha edición especial para os 100.000 exemplares: «Cartas de inverno», de Fernández Paz. En Sermos Galiza

O xornal Sermos Galiza publicou unha información sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.   «Cartas de inverno», de Fernández Paz, chega aos 100.000 exemplares cunha edición especial A popularísima novela xuvenil escrita por Fernández Paz vén de acadar os 100.

A maxestuosa cifra de 100.000 exemplares vendidos: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre a 35ª edición de Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, novidade nesta conmemorativa dos 100.000 exemplares vendidos.     Cartas de inverno Foi un momento de ledicia mesturada con tristura, de admiración eterna ao ler a cifra, de aperta a un libro que me lembra a dozura coa que me falaba sempre.

Novidade: 35 edición de «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, edición especial dos 100.000 exemplares vendidos

Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Antonio Seijas, é unha novidade nesta 35 edición conmemorativa. 35ª Edición – Edición especial dos 100.000 exemplares vendidos Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995 Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia.

O Agustín máis inquedante e lovecraftiano: «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz. Crítica de David González

O blog Palabra de Gatsby publicou unha recensión de David González Domínguez sobre a novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz.    Agustín Fernández Paz, «Cartas de inverno» Recordo perfectamente cando me acheguei a esta fantástica obra de Agustín. Foi no ano 2011, cando contaba con quince anos de idade.

«Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, chegará aos 100.000 exemplares cunha edición especial

Os xornais El Progreso e Diario de Pontevedra publicaron unha reportaxe de Jaureguizar sobre a próxima chegada da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, aos 100.000 exemplares vendidos, motivo co que Xerais realizará unha edición especial. A reportaxe pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Agustín Fernández Paz e Antonio Seijas participarán nunha iniciativa de Espazo Lectura en Gondomar que une as propostas de dous clubs de lectura en torno a «Cartas de inverno»

O vindeiro martes o escritor Agustín Fernández e o ilustrador Antonio Seijas participarán nunha iniciativa de Espazo Lectura en Gondomar, que celebra conxuntamente as sesións do Club de Lecturas Debuxadas (centrado no cómic) e o Club de Lectura Sete Vidas (centrado na narrativa) para falar e debater cos seus repectivos autores sobre Cartas de inverno (novela) e Cartas de inverno. (Novela gráfica).

Un booktrailer para «Cartas de inverno», de Agustín Fernández Paz, que supera os 90.000 exemplares vendidos

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, que supera estes días os 90.000 exemplares vendidos e se reedita unha vez máis apoiado por un booktrailer sobre o libro.   «Cartas de inverno», o booktrailer Hai libros que traen un pan dentro das súas páxinas. A novela Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz é un deles.