Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cartas_de_inverno_novela_gráfica

Presentación en Pontedeume de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O venres, 25 de abril, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Pontedeume,  rúa Couceiro Freijomil, 5, terá lugar a presentación do libro Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto participarán Antonio Manuel Fraga e o autor.

Programa de Xerais no Culturgal 2013

Xerais estará presente no Culturgal 2013, que se celebrará no Pazo da Cultura de Pontevedra o 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro. Aquí o programa de presentacións, conversas con autores e autoras da editorial. Venres 29 de novembro 13:15 horas, Espazo do libro: Encontro con lectores  de Marcos Calveiro, autor de Todos somos.

Presentación en Betanzos de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O mércores, 16 de outubro,  ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos, terá lugar a presentación do libro Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto participarán Manuel Bragado e o autor.

Xerais na Feira do Libro da Coruña

Do xoves, 1 de agosto, ao domingo, 11 de agosto, terá lugar na Feira do Libro da Coruña, na que Xerais desenvolverá os seguintes actos Día 1 de agosto, xoves 20:00 h.: Presentación de Días que non foron de Luís Rei Núñez. Participan: Mercedes Queixas, Manuel Bragado e o autor. 21:00 h.: Presentación de Retallos daquela infancia de Bautista Álvarez. Participan: Pilar García Negro, Manuel Bragado e o autor.

Antonio Seijas: «Adaptar unha novela á banda deseñada é un proceso difícil». Entrevista de Alberto Sánchez

La Voz de Galicia publicou o pasado día 4 de xullo unha entrevista de Alberto Sánchez a Antonio Seijas, a autor da novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela de Agustín Fernández Paz.

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Do venres, 28 de xuño ao domingo, 7 de xullo, terá lugar, na Praza de Compostela, a Feira do Libro de Vigo, 2013. Xerais ten organizados os seguintes actos: Día 29 de xuño, sábado 19:30 h.: Pedro Feijoo asina exemplares de Os fillos do mar. Na caseta da organización.  Día 2 de xullo, martes 19:00 h.: Presentación de Faneca Brava de Manuel Portas. Participan: Ramón Nicolás, Manuel Bragado e o autor. 19:30 h.

Xerais na Feira do Libro de Ferrol 2013

XERAIS NA FEIRA DO LIBRO DE FERROL Día 20 SÁBADO 18:00 horas:  Antonio Seijas, autor de Cartas de inverno. Novela gráfica, asinará exemplares na Caseta da librería Espacio Lector Nobel. Día 22 LUNS 20:00 horas: Charla coloquio arredor do libro Castelao na Unión Soviética en 1938 de Xesús Alonso Montero. Participan: Xosé Mª Dobarro, Iolanda Díaz, Manuel Bragado e o autor.

Presentación en Pontevedra de “Cartas de inverno. Novela gráfica” de Antonio Seijas

O venres, 8 de febreiro, ás 20:00 horas, na Escola Profesional de Banda Deseñada “Garaxe Hermético”, rúa Álvaro Cunqueiro, 4 baixo de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto participarán Kiko Da Silva, Manuel Bragado e Antonio Seijas.

Antonio Seijas, autor da novela gráfica «Cartas de inverno»: «A arte habita na emoción»

Ramón Loureiro publicou en La Voz de Galicia un perfil de Antonio Seijas, a autor da novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela de Agustín Fernández Paz. «A luz é moi importante» El dibujante destaca la capacidad del arte para habitar la eternidad Es ilustrador, escritor, fotógrafo y, sobre todo, un dibujante con un más que sólido prestigio en el mundo del cómic.

Presentación de “Cartas de inverno. Novela grafica” de Antonio Seijas na Coruña

O martes, 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, en Alita Cómics, rúa Orzán, 94 da Coruña, tera lugar a presentación e firma de Cartas de inverno. Novela gráfica de Antonio Seijas. No acto participarán Manuel Bragado e Antonio Seijas.

Entrevista de María Solar a Antonio Seijas no Zig zag sobre a súa novela gráfica «Cartas de inverno»

O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Antonio Seijas sobre a súa novela gráfica Cartas de inverno, baseada na novela de Agustín Fernández Paz.   Antonio Seijas no ZigZag Diario from Antonio Seijas on Vimeo.

Chus Nogueira, sobre «Cartas de inverno»: «Antonio Seijas realiza unha reinterpretación da obra orixinal á linguaxe da novela gráfica con gran acerto». Crítica na Radio Galega

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha recensión crítica de Chus Nogueira sobre a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na novela do mesmo título de Agustín Fernández Paz.