Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cartas_de_republicanos_galegos_condenados_a_morte

A memoria republicana: «Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)». Crítica de Miro Villar en A Festa da palabra silenciada

O escritor Miro Villar publica unha recensión do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero, no último número da revista Festa da palabra silenciada, recensión que tamen pode lerse no seu blog.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», de Xesús Alonso Montero, presentación en Monforte

O vindeiro xoves 9 de decembro, ás 20,00 horas terá lugar a presentación de Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), de Xesús Alonso Montero, na Galería Sargadelos (Praza de España, 2) de Monforte. O acto contará coa participación do propio autor, o profesor Alonso Montero, de Rosa María López González, así como do editor Manuel Bragado.

Artigo de Neira Vilas sobre «Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)»

O escritor Xosé Neira Vilas publicou o pasado domingo en El Correo Gallego un artigo sobre Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), do profesor e investigador Xesús Alonso Montero, libro que foi Premio Ánxel Casal na categoría de non ficción. Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) é o título dun libro de Xesús Alonso Montero (Edicións Xerais, 2009). Un libro certamente conmovedor.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Cangas

O vindeiro venres, 23 de xullo, ás 19:30 horas, presentarase na Feira do Libro de Cangas (Alameda de Soage) o libro do profesor Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948). No acto o autor estará acompañado polo editor Manuel Bragado.

Xerais na Feira do Libro de Cangas

Xerais organiza os seguintes actos na Feira do Libro de Cangas do Morrazo que terá lugar na Alameda de Soage do 21 ao 25 de xullo: Día 21 mércores, 20:30 horas: Pregón a cargo de Suso de Toro. Día 22 xoves, 19:00 horas: Elena Gallego asinará exemplares do seu libro Dragal. A herdanza do dragón.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Goián

O venres día 4 de xuño, ás 20.30 horas, terá lugar no Centro Goianés, de Goián, á presentación da 2ª edición do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Ademais do autor, no acto intervirán representantes da Asociación InfoMAXE (A Guarda), a alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez e Rafael A. Martínez Calzado (Lito Oliveira).

Xerais obtén catro dos Premios AELG 2010

Nunha noite memorable para a editorial, Xerais obtivo catro dos  Premios AELG 2010 fallados na Cea das Letras celebrada onte no Palacio del Carmen de Santiago.

Xesús Alonso Montero, entrevista en «Xornal de Galicia»

O profesor Xesús Alonso Montero é entrevistado por Iago Martínez para o Xornal de Galicia. Na conversa anuncia a segunda edición de Cartas de republicanos galegos condenados a morte, Premio Ánxel Casal ao mellor libro de non ficción 2009, que aparecerá nas librarías no vindeiro mes de marzo. Foto: Sonia Daponte, Xornal de Galicia.

«Xesús Alonso Montero: falando de Dostoiewski»

O profesor de filosofía Sergio Vences Fernández publicou onte en La Opinión da Coruña un moi interesante artigo sobre o libro de Xesús Alonso Montero Cartas de republicanos Galegos condenados a morte (1936-1948). Baixo o título «Xesús Alonso Montero. hablando de Dostoiewski», o profesor Vences percorre os contidos dun libro, que califica de «estremecedor», e que non dubida en recomendar coa maior admiración.

Balance do ano literario galego de Ramón Nicolás no suplemento «Culturas»

Ramón Nicolás realiza no suplmento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado 19 de decembro un balance do ano literario galego. Entre as nove obras escollidas como principais, cino fron publicadas por Xerais. Así no eido da Poesía destaca a publicacion de Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas.

Rosa Aneiros e «Cartas de republicanos galegos condenados a morte» premiados na Noite da Edición 2009

Rosa Aneiros co Premio Xosé María Álvarez Blázquez á mellora autora de 2009 e Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero co Premio Ánxel Casal na súa categoría de non ficción foron os dous premios que a editorial recolleu na Noite da Edición 2009, celebrada o sábado no Liceo de Ourense.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Lugo

O vindeiro venres, 4 de decembro, ás 20:00 horas terá lugar nas instalacións da Galería Sargadelos de Lugo (Praza de Santo Domingo 4) a presentación do libro Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero. Acompañará ao autor o editor Manuel Bragado.