Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: celada

Unha homenaxe ao clima universitario comprometido, activo e valente dos anos 70: «Celada», de Antonio Piñeiro. Crítica no blog Ferradura en Tránsito

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha recensión sobre o libro: Celada, de Antonio Piñeiro, publicado por Xerais na colección Narrativa.   Crítica de «Celada» (Antonio Piñeiro, Xerais)   Hoxe, recén encetada a segunda década do século XXI, parece como se os anos 70, ou 80 do pasado século foran xa Historia sedimentada da que só catro vell@s se lembran.

«Celada», de Antonio Piñeiro; e «Cadencias», de Manuel Portas, entre os máis recomendados na Tabela dos Libros de xuño

Celada, de Antonio Piñeiro; e Cadencias, de Manuel Portas, figuran entre os libros recomendados polos críticos na Tabela dos Libros do mes de xuño de 2020.

Novidade: «Celada», de Antonio Piñeiro. Unha historia que se desenvolve no Santiago de Compostela dos anos setenta coas revoltas universitarias como telón de fondo

Celada, de Antonio Piñeiro, é unha novidade da colección Narrativa de Xerais. O libro gañou o VII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das redadas policiais contra a concentración de estudantes que tenta escapulirse nos calellos da parte vella. As portas do centro histórico están bloqueadas e o cerco preparado.

O escritor Antonio Piñeiro gaña o “VII Premio de Novela de Riveira” coa obra: «Celada». Noticia no xornal «El Correo Gallego»

O escritor ribeirense Antonio Piñeiro gañou a VII edición do Premio de Novela Curta ‘Cidade Centenaria de Riveira´ coa obra: Celada. O premio está convocado polo Concello de Ribeira, tén unha dotación de 3000€  e contará coa publicación do libro por Xerais na primavera de 2020. A noticia foi publicada polo xornal El Correo Gallego. O artigo pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.