Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: celia_pereira_porto

Presentación en Allariz de “Rafael Dieste. O libre pensamento” de Luís Rei Núñez

O xoves 24 de outubro de 2019, ás 20:00 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo 3, Allariz, terá lugar a presentación do libro Rafael Dieste. O libre pensamento de Luís Rei Núñez.

Unha lectura deliciosa: «Penumbra» de Daniel Landesa. Crítica de Celia Pereira Porto na revista Criaturas

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre o libro Penumbra, de Daniel Landesa, publicado por Xerais na colección Fóra de Xogo.   O Misterio do claroscuro   Entre a luz e a sombra, entre a valentía e a covardía, entre o amor e o odio, aínda hai moito espazo para crear e imaxinar novos mundos, cheos de soños, aventuras e grandes esperanzas.

Presentación en Ourense de “Infamia” de Ledicia Costas

O xoves 20 de xuño de 2019, ás 19:30 horas, na librería Espacio Lector Nobel “Internacional”, rúa Concordia 8, Ourense, terá lugar a presentación da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto participarán Celia Pereira Porto e Ledicia Costas.

Unha historia chea de intriga e emoción: «Avións de papel» de Xavier Estévez. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil Avións de papel, de Xavier Estévez, ilustrado por Marcos Viso.   Tras a cor do silencio Aí estamos todos. Tras a cor do silencio. Lucas, Sara, Hopper, Lara, Pelocho, Bocachán, Amelia… En definitiva, os seres humanos: nenos, nenas, mulleres, homes; todos. Detrás da máscara, mergullados nasoidade, atrapados polo medo.

O marabilloso legado de Agustín Fernández Paz: «O soño do Merlo Branco»; a derradeira lección. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil O soño do Merlo Branco, de Agustín Fernández Paz.

Vitaminas de autenticidade, unha novela nutritiva e recomendable: «A cazadora de estrelas», de María Canosa. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela infantil A cazadora de estrelas, de María Canosa, ilustrada por Dani Padrón.   O impresionismo estelar Hai libros que están feitos de cores. Aprendino a primeira vez que lin A cazadora de estrelas.

Un libro fermoso, no que as palabras cantan: «Todo o tempo do mundo», de David Pérez Iglesias. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión de Celia Pereira Porto sobre a novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, ilustrada por Marcos Viso,  Premio Merlín de Literatura Infantil 2016.     O fío que terma da vida Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016 é un libro fermoso.

Unha utopía bela e necesaria para arredarnos do medo: «O segredo da Illa Negra», de Agustín Fernández Paz. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión crítica de Celia Pereira Porto sobre O segredo da Illa Negra, de Agustín Fernández Paz.   Un mapa da utopía “As cousas do mar non se contan na terra”, repite e canta o Xurxo Souto como un eficiente e rigoroso notario mariño.

Un conto fantástico e unha historia real que se funden de marabilla: «O corazón da maxia», de Xavier Estévez. Crítica de Celia Pereira Porto

A revista Criaturas publicou unha recensión crítica de Celia Pereira Porto sobre O corazón da maxia, de Xavier Estévez, ilustrado por Santy Gutiérrez.   A aventura da vida e a xenerosidade do amor –“Por que temos que morrer, mamá?” Ás veces resulta difícil responder preguntas simples, a seres que as formulan de forma inocente, tan só coa declarada e verdadeira intención de querer saber.

Premios Xerais 2015. Entrevistas: Celia P. Porto, membro do xurado do Premio Merlín