Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: césar_lorenzo

Presentación en Allariz de “O camiño da Estadea” de Ramón Caride

O venres, 27 de outubro, 2017, ás 20,30 horas, na Galería Circular, rúa de Lobariñas, 9, Allariz, terá lugar a presentación do libro O camiño da Estadea. O regreso de Sheila e Said de Ramón Caride. No acto conversarán César Lorenzo Gil e Ramón Caride.

María Solar: «En ‘As horas roubadas’ as protagonistas son mulleres que tiveron que pagar un alto prezo por vivir segundo os seus desexos»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil á escritora María Solar.   María Solar: «En Galicia véndense mellor os meus libros en galego ca en castelán» María Solar (Santiago, 1970) recoñece que “a vida lle vai ben”.

Damián Villalaín: «Decidín involucrarme, formar parte do libro, redactalo en primeira persoa para facer a biografía do Casares que eu coñecín»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Damián Villalaín sobre o seu libro Carlos Casares. Vida e literatura.     Damián Villalaín: «Casares sentiuse só politicamente en moitos momentos» Carlos Casares. Vida e literatura, publicado por Xerais, é o volume pensado para o público xuvenil que Damián Villalaín (Vigo, 1958) lle dedica ao autor homenaxeado no Día das Letras 2017.

Amadeo Cobas: «Hai que acompañar a calidade literaria coa busca de lectores»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Amadeo Cobas, autor da novela A cacería, gañadora do V Premio Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira   Amadeo Cobas: «Hai que acompañar a calidade literaria coa busca de lectores» Amadeo Cobas (Noia, 1966) é escritor, crítico literario, activista cultural e entusiasmado da lectura.

Xosé Miranda: Xosé Miranda: «Son un escritor melancólico e imaxinativo»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor  Xosé Miranda.   Xosé Miranda: «Son un escritor melancólico e imaxinativo» Xosé Miranda (Lugo, 1955) é un dos grandes escritores vivos.

Xerais crea o Catálogo Fernández Paz. Artigo de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia un artigo sobre o catálogo de Xerais coas obras de Agustín Fernández Paz. Xerais crea o Catálogo Fernández Paz Agustín Fernández Paz é un dos grandes das letras galegas por méritos propios. O seu recente falecemento foi o luctuoso motivo polo que Xerais se decidiu a crear o Catálogo Fernández Paz, que compila toda a produción do escritor de Vilalba nesta editorial.

Presentación en Monforte de “Todo ser humano é un río” de Manuel Veiga Taboada

O venres, 28 de outubro, ás 20:00 horas, no auditorio do Centro do Viño da Ribeira Sacra, rúa Comercio, 6, de Monforte de Lemos, terá lugar a presentación da novela Todo ser humano é un río de Manuel Veiga Taboada. No acto, organizado en colaboración co Centro do Viño da Ribeira Sacra, participarán César Lorenzo, Manuel Bragado e Manuel Veiga.

Xerais no Culturgal 2014. Programa do venres, 5 de decembro

Xerais preparou un programa de actividades para desenvolver no Culturgal 2014, do venres 5 ao domingo 7 de decembro, que como en edicións anteriores desenvolverase nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra. Programa do Venres 5 de decembro 11:30 a 12:15 horas: Espazo Infantil. Encontro con escolares de Anxo Fariña, autor e ilustrador da serie (5 títulos) Os Megatoxos.

Ledicia Costas: «Cando escribo, chego case a obsesionarme coas historias que quero contar»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista a Ledicia Costas sobre a súa obra literaria en xeral e sobre Escarlatina, a cociñeira defunta, Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, en particular.       Ledicia Costas: «A miña primeira novela escribina con 14 anos» Ledicia Costas (Vigo, 1979) foi unha escritora precoz. Con apenas 20 anos publicou o seu primeiro libro: Unha estrela no vento (Xerais).

Xavier Queipo: «Sempre procurei a experimentación, na vida persoal e na literatura»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista a Xavier Queipo sobre seu libro 55.     Xavier Queipo: “Sempre procurei a experimentación, na vida persoal e na literatura” Cando Xavier Queipo (Santiago, 1957) fixo os 55 anos, decidiu recuperar unha serie de textos curtos que non tiveran unha publicación definitiva. Froito dese traballo, un ano despois publica 55 (Xerais), o seu máis novo traballo.

Agustín Fernández Paz: «O gran viveiro de lectores en lingua galega está na mocidade: é na idade da adolescencia cando madura o hábito lector»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista a a Agustín Fernández Paz.   Agustín Fernández Paz: “Debemos pórnos como meta escribir tan ben coma os mellores” Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é o escritor de ficción máis “vendido” en lingua galega. Tamén un dos máis populares grazas aos seus moitos éxitos entre a mocidade.

Samuel Solleiro: «É naïf afirmar que un non ten en conta a tradición cando escribe». Entrevista de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha entrevista con Samuel Solleiro.   Samuel Solleiro: “É “naïf” afirmar que un non ten en conta a tradición cando escribe” Samuel Solleiro (Tui, 1982) é hoxe unha das voces máis poderosas e orixinais da literatura galega. O grupo musical do que forma parte, Ataque Escampe, referencia da música máis popular na nosa lingua entre a xente nova. Mais todos temos un pasado.