Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: césar_lorenzo_gil

Unha obra perfecta para iniciar á mocidade na literatura para adultos: «Tres pintores», de Cid Cabido. Anotación na revista «Tempos Novos»

A revista Tempos Novos publicou unha anotación de César Lorenzo Gil sobre o libro: Tres pintores, de Cid Cabido. O libro gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta, 2018, e está publicado por Xerais na colección Narrativa. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en formato pdf nesta ligazón.

Unha novela que se vale do misterio para pasear ao lector por determinados ambientes do noso tempo: «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Anotación de César Lorenzo Gil en «Biosbardia»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro: A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. O libro está publicado por Xerais na colección Narrativa.   ‘A crueldade de abril’, unha novela negrísima e lírica   Unha moza e un mendigo morren durante o incendio dun local abandonado. Ela, unha poeta antisocial, convértese, logo de morta, nunha autora de culto.

Misterio e intriga para pasear ao lector por determinados ambientes do noso tempo «A crueldade de abril», de Diego Ameixeiras. Crítica na revista Tempos Novos

A revista Tempos Novos publica unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre a novela: A crueldade de abril, de Diego Ameixeiras. A recensión crítica pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Un autor que converte cada nova novela súa nun éxito sen renunciar á lingua, aos referentes e aos escenarios propios: «Os fillos do lume», de Pedro Feijoo. Crítica de César Lorenzo Gil en «Biosbardia»

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.   ‘Os fillos do lume’, un trato xusto Pedro Feixoo é un dos varios escritores en lingua galega que procura superar o nivel medio de vendas en cada unha das súas novelas.

Un libro que paga a pena ler polo dominio da musicalidade interna: «Culpable», de Eli Ríos». Crítica de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Culpable, de Eli Ríos, IV Premio de Poesía López Abente 2017.

Unha ollada nova para potenciar a capacidade expresiva da lingua: «Long Play», de Lois Pérez. Crítica de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre o libro de poemas Long Play, de Lois Pérez. A mesma recensión foi publicada, tamén, na revista Tempos Novos.   «Long Play», versos gravados nun pentagrama Algo está pasando na poesía galega actual. Aínda non se sabe moi ben o que é.

Presentación en Allariz de “Long Play” de Lois Pérez

O venres 29 de decembro ás 19:30 horas, na Galería Circular de Allariz, terá lugar a prensentación do libro Long Play de Lois Pérez. No acto, organizado pola librería Aira das Letras, Galería Circular, Ben Común e Xerais, o xornalista César Lorenzo Gil falará co escritor e músico sobre o seu libro.

María Canosa: «Concibir unha historia é moito máis ca poñela en palabras sobre o papel»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil á escritora María Canosa, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantiil 2017 coa novela Muriel.   María Canosa: «Para chegar a máis público necesitamos máis oferta de libro en galego» María Canosa (Cee, 1978) fai 20 anos como escritora con obra publicada. Na súa traxectoria hai narrativa, poesía e literatura para crianzas e mocidade.

Héctor Cajaraville: «Empecei a escribir con 40 anos; tres historias ao mesmo tempo»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil ao escritor Héctor Cajaraville.     Héctor Cajaraville: «Empecei a escribir con 40 anos; tres historias ao mesmo tempo» Once portas (Xerais) é a última obra publicada por Héctor Cajaraville (Santiago, 1974). Mereceu o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2016 e sumouse á listaxe de obras deste autor que foron premiadas.

Unha trama ben fiada: «Segredos de Bretaña», de Carlos G. Reigosa. Crítica de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Segredos de Bretaña, de Carlos G. Reigosa.   ‘Segredos da Bretaña’, misterio coas costuras á vista Un escritor goza duns días de lecer en Bretaña, trasunto dunha vila mariñeira galega. Alí, a súa caseira encírrao sutilmente para que esclareza uns borrosos feitos ocorridos na vila durante a posguerra.

Unha nova mitoloxía viguesa: «Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta», de Ledicia Costas. Crítica de César Lorenzo

César Lorenzo Gil publicou en Biosbardia unha recensión crítica sobre a novela Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas.   Jules Verne e a vida secreta dun Vigo ideal Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, editado por Xerais, gañou o Premio Lazarillo 2015.

Identidade literaria e creatividade nunha novela de estrutura moi efectiva: «O beato», de Alfredo Conde. Crítica de César Lorenzo Gil

A revista Tempos novos publicou unha recensión crítica de César Lorenzo Gil sobre  a novela O beato, de Alfredo Conde. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.