Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cesáreo_sánchez_iglesias

Presentación na Coruña de “As bolboretas do Mekong” de Cesáreo Sánchez Iglesias

O xoves 17 de xaneiro de 2019 ás 19:30 horas, na librería Moito Conto, rúa San Andrés, 35, A Coruña, terá lugar a presentación do libro As bolboretas do Mekong de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto acompañarán ao autor María Obelleiro e Xurxo Souto.

Unha reflexión prístina, brillante e efectiva sobre o desposuimento do que nos fai humanos,: «As bolboretas do Mekong», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Ramón Nicolás no suplemento Fugas

O escritor e crítico literario Ramón Nicolás publicou no seu blog Caderno da Crítica e no suplemento Fugas, de La Voz de Galicia, unha anotación sobre o libro: As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias. O libro está publicado por Xerais na colección Poesía. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Novidade: «As bolboretas do Mekong», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Un percorrido polas terras que o río Mekong irmanda

As bolboretas do Mekong, de Cesáreo Sánchez Iglesias, é unha novidade da colección Poesía de Xerais. No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.

Premios Xerais 2016. Entrevistas en vídeo: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG

Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes»

Biosbardia publicou unha entrevista de César Lorenzo Gil a Cesáreo Sánchez Iglesias. Foto: Eduardo Castro Bal /AELG     Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía galega actual é un exitoso laboratorio de ideas e linguaxes» Hai un mes, a Asociación de Escritoras e Escritores Galegos (AELG) celebrou en Pontevedra o seu VI Congreso.

Presentación de “Caderno do Nilo” de Cesáreo Sánchez Iglesias en Pontevedra

O sábado, 14 de marzo, ás 12:00 horas, no “vermú entre libros” da  librería Paz, Rúa Peregrina, 29 de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias. No acto participarán Lucía Novás e Cesáreo Sánchez Iglesias.

Un libro como unha viaxe: «Caderno do Nilo». Artigo de Teresa Serara

Reproducimos o texto coa intervención de Teresa Seara sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias, lido o 16 de xaneiro na libraría «A lus do candil» de Arteixo.   Caderno do Nilo          Desde o momento exacto en que abrimos os ollos á vida, crávasenos profundamente o aguillón da curiosidade, un forte desexo por desentrañarmos os segredos e marabillas do entorno.

Cesáreo Sánchez Iglesias: «Unha nación que ten unha cultura milenaria, con raíces tan fondas, sobrevivirá aos que a negan». Entrevista de Armando Requeixo

Armando Requeixo publicou na sección «Parlamento das letras» do seu blog Criticalia unha entrevista co escritor Cesáreo Sánchez Iglesias sobre o seu poemario Caderno do Nilo.   Parlamento das Letras Cesáreo Sánchez Iglesias Cesáreo Sánchez Iglesias é todo el cordial verba. Corazón de palabras que alenta pola boca do idioma, que se domea en conversas e silencios, en luces e sombras da nosa terra e das landas outras.

Cesáreo Sánchez Iglesias: «A poesía permite chegar ás capas máis profundas do que ves e sintes». Entrevista de Carme Vidal

Sermos Galiza publicou unha entrevista que lle fixo Carme Vidal aCesáreo Sánchez Iglesias sobre o seu poemario Caderno do Nilo.     Cesáreo Sánchez Iglesias, “A poesía permite chegar ás capas máis profundas do que ves e sintes” O escritor Cesáreo Sánchez Iglesias recibe este sábado día 14 ás 12.

Antón Cortizas e Cesáreo Sánchez Iglesias recibiron os Premios Losada Diéguez en Boborás

El Correo Gallego e Galicia Hoxe publican unha información sobre  aentrega dos Premios Losada Diéguez no Pazo de Moldes, no concello de Boborás, que recaeron nesta edición no poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, polo seu libro Caderno do Nilo, e no escritor Antón Cortizas, por Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, nos apartados de creación e investigación respectivamente.

Cesáreo Sánchez Iglesias e Antón Cortizas, Premios Losada Diéguez de creación e investigación

O poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, co seu libro Caderno do Nilo, e o escritor Antón Cortizas, con Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, resultaron gañadores esta fin de semana do Premio Losada Diéguez nos apartados de creación e investigación respectivamente. O xurado, que se reuniu no Concello de Boborás premiou estas dúas obras de Xerais, sinalou as virtudes das obras premiadas.

Un dos mellores froitos líricos do ano 2013: «Caderno do Nilo», de Cesáreo Sánchez Iglesias. Crítica de Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog unha recensión crítica sobre o poemario Caderno do Nilo, de Cesáreo Sánchez Iglesias.   Culturalismo e emoción Sánchez Iglesias é unha das voces máis características da chamada xeración poética dos oitenta. Tense dito, e con razón, que unha das características sobranceiras desta xeración poética é o culturalismo.