Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: chan_da_polvora

Presentación en Santiago de “Fornelos & Fornelos: terceira fundación” de Xerardo Quintiá

O mércores 19 de xuño de 2019 ás 20:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Fornelos & Fornelos:  terceira fundación de Xerardo Quintiá, VII Premio de poesía Manuel Lueiro Rey. No acto acompañarán ao autor Carlos Negro e Fran Alonso.

Presentación en Santiago de “Os días felices de Benvido Seixas” de Eduard Velasco

O sábado 11 de maio de 2019 ás 12:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Os días felices de Benvido Seixas de Eduard Velasco. No acto participarán Suso de Toro, Eduard Velasco e Fran Alonso.

Presentación en Santiago de “Transmatria” de Daniel Asorey

O martes 12 de marzo de 2019 ás 20:30 horas, na libraría Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago, terá lugar a presentación do libro Transmatria de Daniel Asorey, XXI Premio de Poesía Johán Carballeira do Concello de Bueu. Acompañarán ao autor Susana Arins, Laura Bugallo e Fran Alonso.

A libraría Chan da Pólvora escolle o libro de poemas «Culpable», de Eli Ríos, como obra do mes de xuño para o seu club de lectura

A libraría compostelá Chan da Pólvora escolleu o libro de poemas Culpable, de Eli Ríos, como obra do mes de xuño para o seu club de lectura aberto, dentro do ciclo Poema(s) de Primavera. O sábado 9 de xuño, de 11.00 a 13.00, terá lugar un encontro coa autora na sede da librería (R/ San Pedro, 74 – Santiago de Compostela). O cartel do encontro pode verse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Presentación en Santiago de “A cadencia da fractura” de Isaac Xubín

O mércores 13 de decembro ás 20:00 horas en Chan da Pólvora, rúa de San Pedro, 74, Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro A cadencia da fractura de Isaac Xubín. Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey, 2017 No acto participarán Isaac Xubín e Armando Requeixo.

Presentación en Santiago de “Terraza” de Fran Alonso

O xoves, 30 de marzo, 2017, ás 20,00 horas, en Chan da Pólvora, Rúa de San Pedro, 74, Compostela, terá lugar a presentación do libro Terraza de Fran Alonso. No acto intervirán Rosalía Fernández Rial e o autor que realizará unha performance-recital poético.