Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: chegamos_despois_a_unha_terra_gris

Unha proposta literaria para saírmos do confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais. Anotación no blog «Ferradura en tránsito»

O crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog Ferradura en Tránsito unha selección de libros para o confinamento, con mención a varios títulos publicados por Xerais: Singamia 1.1, de Ramón Caride; Se isto é un home, de Primo Levi; O mar que nos leva, de Moncha Fuentes; Os corpos invisibles, de Emma Pedreira; A póla branca, de Xavier Seoane; Transmatria, de Daniel Asorey e Chegamos despois a una terra gris, de Raúl Dans.

«Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans, Premio AELG ao mellor texto teatral

«Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans, Premio AELG ao mellor texto teatral

Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans, foi elixido na noite do sábado Premio AELG ao mellor texto teatral durante a Cea das Letras que se celebrou en Santiago de Compostela.

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica de Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans. A importancia da palabra no drama Hai obras teatrais onde a palabra é fundamental.

Crítica de MF Vieites sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

MF Vieites publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans.

Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha recensión crítica sobre sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans. OS AFECTOS, A VIDA E A POESÍA: TEATRO PARA HOXE Imos falar do texto vencedor do  Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2010. Un texto que propón unha vigorosa posta en esecena, pois é unha traxedia envolvente da que o espectador/lector non pode fuxir.

Crítica de Miguel Sande sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

Miguel Sande publicou a pasada fin de semana nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia, unha recensión crítica sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans, publicado na Biblioteca Dramática Galega. Publicamos algúns parágrafos: Hai libros de teatro que se deixan ler mellor que moitas novelas. Gústame quen intenta saltar por riba dos xéneros en cada texto.

Crítica de Armando Requeixo sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans

O crítico Armando Requeixo publica hoxe no seu blog unha recensión sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl Dans, publicado na Biblioteca Dramática Galega. Reproducímola integramente: Familias grises A estas alturas, no mundo da dramaturxia galega o nome de Raúl Dans non necesita de presentación.

«Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans, novidade do mes de marzo

O libro Chegamos despois a unha terra grisi, de Raúl Dans é unha das novidades de Xerais do mes de marzo. Trátase do Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2010, que Xerais coedita con AGADIC.

Raúl Dans e Xavier Lama, premios Álvaro Cunqueiro de teatro e Manuel María de literatura dramática infantil

Os autores Raúl Dans e Xavier Lama resultaron galardoados onte cos premios Álvaro Cunqueiro de teatro e Manuel María de literatura dramática infantil. Tanto o texto de Raúl Dans, Chegamos despois a unha terra gris, como o de Xavier Lama, Os reloxos preguiceiros de Néboa, serán publicados por Xerais, en coedición con AGADIC, na colección Biblioteca Dramática Galega.