Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: choiva_de_ras

Unha novela de aprendizaxe que reforza os valores da personalidade, o autocoñecemento, o respecto, o compromiso e o amor: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro, no espazo «Cada día un libro» da TVG

O programa Cada día un libro, da TVG, dedicoulle o seu espazo ao libro infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrado por Xosé Tomás. O espazo pode verse nesta ligazón.

Unha aventura trepidante protagonizada por animais, chea de música e humor, que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Os xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños publicaron unha información sobre Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrado por Xosé Tomás. A información pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

«Unha novela de aventuras cunha valente protagonista feminina.» O blog Rede Lectura recomenda a obra infantil «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro

Rede lectura, o blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares recomenda a obra infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, ilustrada por Xosé Tomás.

Ánxela Loureiro: «RaMona, a protagonista, é unha ra moi actual, que rompe coas tradicións e os convencionalismos.» Faladoiro en Radiofusión arredor da obra infantil «Choiva de ras»

O club de lectura de Radio Fene escolleu a obra infantil Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, e o faladoiro arredor do libro emitiuse en Radiofusión. O faladoiro pode escoitarse ou descargase nesta ligazón.

Novidade: «Choiva de ras», de Ánxela Loureiro. Unha aventura trepidante protagonizada por animais e que afonda nos valores da amizade, a solidariedade e o respecto

Choiva de ras, de Ánxela Loureiro, é unha novidade da colección Merlín (de 9 anos en diante) e está ilustrado por Xosé Tomás. Todos os animais da fraga coñecían as extravagancias de RaMona, a ra máis mona do lugar, unha afouta artista da camuflaxe que non quería nin casar nin levar os ovos á lagoa como o resto das ras.

Actos de Xerais na Feira do Libro de Santiago

Do 28 de abril ao 6 de maio na Alameda Compostelana, terá lugar a Feira do Libro de Santiago na que Xerais ten organizados os actos seguintes: Día 29 de abril, domingo 20:30 h.: Presentación de María Victoria Moreno. Sementadora de futuro de Isabel Soto e Xavier Senín. Participan os autores e Marta Neira. Día 2 de maio,  mércores 19:00 h.:  Presentación de Choiva de ras de Ánxela Loureiro. Día 3 de maio,  xoves 19:00 h.

Presentación en Ferrol de “Choiva de ras” de Ánxela Loureiro

Do 19 ao 23 de abril celébrase a Feira do Libro de Ferrol e dentro das actividades programadas terá lugar o xoves 19 de abril, ás 20:00 horas, a presentación do libro Choiva de ras de Ánxela Loureiro con ilustracións de Xosé Tomás. A autora, que asinará exemplares na caseta da secretaría a partir das 19:00 horas, estará acompañada por Manuel Bragado.