Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: chus_pato

Clausura da vídeo instalación baseada no libro “Michigan / Acaso Michigan” de Antón Reixa

O mércores 14 de novembro de 2018, ás 20:00 horas, na Fundación DIDAC, Rúa Pérez Costanti 12, baixo, Santiago de Compostela, terá lugar o acto de clausura da vídeo instalación baseada no libro Michigan / Acaso Michigan de Antón Reixa. No acto participarán Chus Pato (autora do prólogo), Daniel Salgado (autor do epílogo) e Antón Reixa.

Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega»

O xornal La Voz de Galicia publicou unha información de María Cuadrado sobre a entrega do Premio Mondoñedo 10 á poeta Chus Pato, polo seu libro Hordas de escritura,   Chus Pato: «O Premio Mondoñedo 10 é xa o Nobel da literatura galega» La escritora recibió ayer el galardón en la jornada final de las fiestas de As San Lucas Cita especial con la música, la cultura y la poesía en el último día de As San Lucas.

«Hordas de escritura», de Chus Pato, Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década

O libro Hordas de escritura, de Chus Pato, publicado por Xerais en 2008, recibiu o Premio Mondoñedo 10 ao mellor libro de poesía da última década.

Chus Pato, elixida membro da Real Academia Galega

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre o nomeamento da poeta Chus Pato como membro da Real Academia Galega.     Chus Pato académica A elección de Chus Pato como membro da Real Academia Galega recoñece a extraordinaria traxectoria literaria da poeta ourensá, contribuíndo ademais ao proceso de normalización da institución.

Chus Pato, Premio Irmandade do Libro na modalidade de autor/a

A poeta Chus Pato acaba de ser recoñecida co premio Irmandade do Libro na modalidade de autor ou autora pola Federación de Libreiros de Galicia en recoñecemento á súa traxectoria. Reproducimos a información do xornal Galicia Hoxe.

Chus Pato recitando no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

Vídeo de  Chus Pato recitando no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam, xuño 2012.

Chus Pato participará no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

Chus Pato participará no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam

O xornal Semos Galiza informa da participación de Chus Pato no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam.   Chus Pato participa no Festival Internacional de Poesía de Rotterdam O Festival Internacional de Poesía de Rotterdam comeza a 43 edición o próximo día 10 de xuño coa ceremonia de apertura dun programa literario que conta coa presenza da poeta galega Chus Pato.

Vinte anos de literatura galega

Con motivo do vinte aniversario da Fundación Caixa Galicia, o sábado 14 de novembro de 2009 ás 12:00 horas, celebrarase a mesa redonda Vinte anos de literatura galega, na que baixo a moderación de Manuel Bragado, director xeral de Edicións Xerais de Galicia, e coas voces dos escritores Suso de Toro, Chus Pato, Agustín Fernández Paz, o crítico literario Ramón Nicolás e o presidente da Federación de Libreiros de Galicia Xurxo p

Chus Pato premio Losada Diéguez de creación literaria

Chus Pato premio Losada Diéguez de creación literaria

Hordas de escritura, o poemario de Chus Pato foi a obra gañadora do premio Losada Diéguez 2009, no apartado de creación literaria; na de investigación e ensaio foi a obra gañadora Europa, o continente pensado de Camilo Nogueira. Ambas as dúas modalidades están dotadas con 6.000 euros. O xurado composto por Francisco Fernández Rei, Justo Beramendi, Xosé Luís Valladares, Cipriano Xosé Caamaño, Ramón Lorenzo, X.

Entrevistas aos gañadores dos Premios da Crítica

Aquí poden escoitarse as dúas entrevistas emitidas hoxe no Diario Cultural da Radio Galega con Chus Pato e Marcos Calveiro, gañadores dos Premios da Crítica 2008.

Calveiro e Chus Pato, premios da Crítica 2008

Calveiro e Chus Pato, premios da Crítica 2008

Confirmouse a noticia é Marcos Calveiro por Festina lente no eido da Narrativa e Chus Pato por Hordas de escritura no de poesía foron declarados hoxe gañadores dos premios da Crítica 2008 en lingua galega. Os nosos parabéns a Marcos Calveiro e a Chus Pato por este prestixioso premio concedido polos críticos literarios.

Premios da Crítica 2008, propostas da AELG

A Sección de Crítica Literaria da AELG deu a coñecer a súa proposta para os Premios de narrativa e poesía galegas que a Asociación Española de Críticos Literarios fallará o vindeiro día 18 de abril en Santander. –Modalidade de narrativa: Festina Lente, de Marcos S. Calveiro, publicado por Xerais. –Modalidade de poesía: Hordas de escritura, de Chus Pato, publicado por Xerais.