Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: cidades

Fran Alonso: «Escribo diariamente un poema en Twitter porque me parece un reto moi atractivo»

A edición do Deza de Faro de Vigo publicou unha entrevista de Ángel Graña co escritor Fran Alonso a partir dun encontro cos estudantes en torno ao seu libro Cidades. A entrevista pode lerse ou descargarse nesta ligazón.

Un referente da poesía infantil radicalmente contemporáneo: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Berta Dávila

Berta Dávila publicou en El Correo Gallego unha recensión crítica de Cidades, de Fran Alonso.

Un libro para adentrarse na poesía: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Paula Fernández

Paula Fernández publicou o pasado xoves 21 nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo,  unha recensión crítica sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso.

A reedición dun clásico da poesía infantil: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso.     Reedición moi necesaria Reedítase agora Cidades con engádegas e mesmo con cambio de ilustracións. Esta obra, publicada por primeira vez en 1997, é xa un clásico do que se adoita chamar poesía infantil-xuvenil.

A solidariedade, o amor, a pobreza e a viaxe no libro de poesía infantil «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Chus Nogueira no Diario Cultural

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre Cidades, o libro de poesía infantil de Fran Alonso.

Un poemario fresco, irreverente, tenro e divertido con ilustracións luminosas: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publica no seu blog Caderno da crítica unha recensión crítica sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso.     Cidades, de Fran Alonso Hoxe  lembrei a relectura que fixen hai poucos días deste poemario, fundamental para a poesía galega máis recente, como é Cidades de Fran Alonso.

«Cidades», de Fran Alonso, e «O gardián invisible», de Dolores Redondo no ranquing da Tabela dos libros do mes de febreiro

Cidades, de Fran Alonso, e O gardián invisible de Dolores Redondo sitúanse no segundo e terceiro posto respectivamente dos libros máis recomendados no mes de febreiro na Tabela dos libros, que publica o blog Criticalia, de Armando Requeixo, un ranquing mensual na que cinco críticos escollen os que consideran os mellores libros publicados en galego.

Unha fermosa mirada poética sobre as cidades: «Cidades», de Fran Alonso. Crítica en Trafegando Ronseis

O blog Trafegando ronseis publica unha recensión sobre a reedición de Cidades, de Fran Alonso.     Cidades Unha noticia que me enche de ledicia é a reedición deste Cidades de Fran Alonso, poemario que ben cumpría rescatar do esquecemento.

Novidade: «Cidades», de Fran Alonso. Un referente da poesía infantil ilustrado polo propio autor

Cidades, de Fran Alonso, revisado e ilustrado polo propio autor, é unha das novidades da colección Sopa de Libros de xaneiro. Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido, segundo a crítica, á súa vocación de actualizar temas e formas.

María Solar entrevisa a Fran Alonso no Zig Zag sobre «A punta de pistola» e «Cidades», libro ilustrado polo propio autor

María Solar entrevistou a Fran Alonso no programa Zig Zag, da TVG, sobre a súa nova novela A punta de pistola, e sobre a reedición, na colección Sopa de Libros, do poemario infantil Cidades, ilustrado polo propio autor.

Anotación sobre «Cidades», de Fran Alonso, en Trafegando Ronseis

Trafegando ronseis publica unha anotación sobre Cidades, de Fran Alonso.   Na procura dun libro de poesía axeitado para o meu alumnado de 2º de ESO cheguei -por recomendación de Carlos Negro- a Cidades, de Fran Alonso, publicado por Xerais, con ilustracións de Pablo Otero.

fourseasons_logo

Experiencia de animación á lectura en Radio Tui

Dende o pasado mes de xaneiro alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria do Colexio Público Pazos de Reis de Tui desenvolven durante as mañás dos martes un programa de animación á lectura na Radio Municipal de Tui. Os alumnos e alumnas analizan un libro, realizan unha pequena reseña do autor e recomendan a súa lectura.