Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: ciencia

Xurxo Mariño: «Cando fas unha viaxe dun ano, coma a que fixemos, estableces ligazóns que non es quen de establecer doutro xeito, e sacas conclusións»

O programa Efervesciencia emitiu unha entrevista de Manuel Vicente a Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

As principais fotos da viaxe científica de Xurxo Mariño para escribir o seu libro «Terra»

O neurocientífico Xurxo Mariño, autor do libro de ciencia e viaxes Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo publicou no seu blog unha serie de ligazóns, organizada por países, na que se poden ver as principais fotos da viaxe, que complementan a lectura do libro. Ao seu blog pode accederse a través desta ligazón.

Xurxo Mariño: «As fotos de ‘Terra’ non están seleccionadas pola beleza da paisaxe senón pola información que transmiten»

La Voz de Galicia publicou unha información sobre o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo centrada na presentación do libro en Foz. A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Xurxo Mariño: a volta ao mundo dun neurocientífico galego. Entrevista en Galicia Ciencia

Galicia Ciencia, o portal da ciencia galega publicou unha entrevista de Manuel Rey ao neurocientífico Xurxo Mariño sobre o seu libro Terra, un libro no que conta, desde o punto de vista dun científico, a súa viaxe arredor do mundo durante un ano. (Fotografía: Eli Couto).

Xurxo Mariño: «O feito de escribir o libro fíxome recopilar moita máis información na viaxe e fíxome aprender moito máis»

O xornalista Kiko Novoa, no seu programa Galicia por diante, da Radio Galega, entrevistou ao neurocientífico Xurxo Mariño  sobre o seu libro Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Xurxo Mariño: «Coa viaxe queriamos coñecer a natureza, os pobos, gozar coa paisaxe, aprender como se fala nos distintos lugares….»

A Revista Fin de Semana da TVG emitiu unha entrevista de María Solar a Xurxo Mariño  sobre o seu libro Terra, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Un xeito de contar áxil, moi ameno con anécdotas, linguaxe sinxela, exemplos comprensibles e moi ben escrito: «Terra», de Xurxo Mariño. Crítica de Chus Nogueira

O Diario Cultural da Radio Galega emitiu unha opinión crítica de Chus Nogueira sobre o libro Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo. A entrevista pode escoitarse nesta ligazón.

Novo libro científico nunha colección imprescindible: «O universo matemático, de Antom Labranha. Anotación en Trafegando ronseis

O blog Trafegando ronseis publicou unha anotación sobre o libro O universo matemático, de Antom Labranha,   O universo matemático Hai case un ano celebrabamos a edición dun novo libro de divulgación científica na nosa lingua. E agora seguimos de noraboa, posto que aínda que arestora falemos do segundo desta colección imprescindible que nos ofrece Xerais, xa sabemos que temos nas librarías un terceiro.

Novidade: «Terra», de Xurxo Mariño. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo

Terra, de Xurxo Mariño, ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo, é unha novidade da colección de Xerais BÁSICOS CIENCIA.

Novedad: «Tierra», de Xurxo Mariño. Ciencia, aventuras y sorpresas de un viaje alrededor del mundo

Tierra, de Xurxo Mariño. Ciencia, aventuras y sorpresas de un viaje alrededor del mundo.

Novidade: «O universo matemático, subtitulado «Das ideas e das técnicas», de Antom Labranha. As matemáticas do bacharelato, na vida

O libro O universo matemático, subtitulado «Das ideas e das técnicas», de Antom Labranha, é unha novidade da colección Básicos Ciencia de Xerais.

Xerais Básicos Ciencia, unha colección de divulgación científica

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre Xerais Básicos Ciencia, a nova colección de divulgación científica de Xerais.     Xerais Básicos Ciencia Entre os lanzamentos de Xerais desta primavera destaca Historia do ADN.