Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: club_faro

Ledicia Costas: «Todos arrastramos traumas cos que temos que convivir». Noticia no xornal «Faro de Vigo» sobre «Infamia»

A escritora Ledicia Costas participou no Club FARO para falar sobre o libro: Infamia, publicado por Xerais na colección Narrativa. A noticia foi publicada polo xornal Faro de Vigo. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Narciso de Gabriel: «Marcela casa embarazada con Elisa e aí ábrense varias hipóteses». Reportaxe no «Faro de Vigo» sobre: «Elisa e Marcela. Amigas e amantes»

O xornal Faro de Vigo publicou unha reportaxe asinada por Elena Ocampo sobre a charla-coloquio que se celebrou no Club Faro de Vigo sobre Elisa e Marcela, na que participou o catedrático Narciso de Gabriel, autor do libro: Elisa e Marcela. Amigas e amantes, publicado por Xerais na colección Grandes Obras – Edicións Singulares. O artigo pode lerse ou descargarse en formato PDF nesta ligazón.

Pedro Feijoo: «Vigo ten unha historia rica que é necesario coñecer e compartir»

O Faro de Vigo publica unha ampla información sobre o escritor Pedro Feijoo, que estivo onte dando unha conferencia no Club Faro, acompañado polo director de Xerais, Manuel Bragado, para falar da festa da Reconquista, arredor da súa última novela, Os fillos do lume.    A información pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

A figura de Celso Emilio Ferreiro centra hoxe un acto do Club Faro

A figura de Celso Emilo Ferreiro centra un acto que se celebrará esta tarde no Club Faro e no que intervirán o presidente da RAG, X. L. Méndez Ferrín; o biógrafo do poeta, Ramón Nicolás; e os fillos do escritor celanovés Isabel e Luis Ferreiro Loredo. O acto será presentado polo director de Xerais, Manuel Bragado.