Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: club_faro_de_vigo

Charla-coloquio arredor de “Infamia” de Ledicia Costas, en Vigo

O mércores 11 de decembro ás 20 horas, no  Auditorio Municipal do Areal, terá lugar unha charla-coloquio (Unha aproximación ás manadas e aos abusos na infancia) arredor da novela Infamia de Ledicia Costas. No acto, organizado polo Club Faro,  intervirán Ledicia Costas e Rafa Valero.

Presentación en Vigo de “Historia da Literatura Galega IV. De 1936 a1975. A ‘longa noite’ “

O martes 9 de abril de 2019 ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, terá lugar a conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975” de Xosé Ramón Pena, autor de “Historia da Literatura Galega“. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Xosé Ramón Pena e   X. L. Méndez Ferrín.

«O merecido recoñecemento a unha autora pioneira e referencial na literatura infantil e xuvenil en galego.» Anotación de Manuel Bragado en «Brétemas» sobre a homenaxe en Vigo a María Victoria Moreno

Manuel Bragado publicou no blog Brétemas unha anotación sobre a homenaxe a María Victoria Moreno desenvolvida no Club Faro de Vigo, e na que participaron tamén os autores Xavier Senín e Isabel Soto.

A enorme riqueza gráfica celta da área metropolitana de Vigo: «Vigo metropolitano na Galicia céltica», de Carlos Núñez. Reportaxe de Ágatha de Santos

O Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Ágatha de Santos sobre a presentación, no Club Faro, do libro  Vigo metropolitano na Galicia céltica, de Carlos Núñez, ilustrado por Evaristo Pereira. A reportaxe pode lerse ou descargarse en pdf nesta ligazón.

Charla-coloquio arredor de “Os fillos do lume” de Pedro Feijoo

O luns 18 de decembro de 2017 ás 20:00 horas, organizado polo Club Faro de Vigo, terá lugar a charla-coloquio titulada “A Reconquista: unha mirada diferente á historia de Vigo” que impartirá Pedro Feijoo, autor de Os fillos do lume. Presenta o acto Manuel Bragado.

Presentación en Vigo de “O último día de Terranova” de Manuel Rivas

O venres, 18 de decembro, ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo, Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, esquina rúa Oporto, En Vigo, terá lugar a presentación da novela O último día de Terranova de Manuel Rivas. No acto participarán Antón Patiño e Manuel Rivas.

Homenaxe a Cameselle

Manuel Bragado, director de Xerais, publica no seu blog unha crónica da presentación do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) celebrada o mércores 18 de decembro no Club Faro de Vigo. A presentación do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) no Club Faro de Vigo constituíu unha homenaxe moi emocionante ao fotográfo Guillermo Cameselle.

O fotógrafo que plasmou a Transición: « Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)». Reportaxe de Fernando Franco

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Fernando Franco sobre o acto de onte no Club Faro sobre Cameselle no que se presentaba Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005).

Presentación en Vigo de “Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005)

O mércores, 18 de decembro ás 20:00 horas, no Club Faro de Vigo, Auditorio Municipal do Areal, rúa Areal, 46 de Vigo, terá lugar a presentación e proxección do libro Cameselle. Crónica fotográfica de Vigo (1975-2005) de Guillermo Cameselle. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo e Xerais, participarán Fernando Cameselle, Luis Piñero, Ceferido de Blas e Manuel Bragado.

Dolores Redondo: «A maternidade é marabillosa pero ten momentos de auténtica miseria». Na novela aborda tamén a maternidade da inspectora Amaia Salazar

Faro de Vigo publicou unha reportaxe de Fernando Franco sobre a presenza de  Dolores Redondo e a súa novela Legado nos ósos no Club Faro.

Dolores Redondo en Vigo: «Escribir ficción criminal é unha forma de cribar a realidade», declarou a autora de «Legado nos ósos»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a intervención de Dolores Redondo,  que acaba de publicar en Xerais Legado nos ósos, a segunda novela da triloxía do Val de Baztán.   Dolores Redondo en Vigo Excelente foi a conversa literaria que no Club Faro de Vigo mantiveron ao longo dunha hora a escritora Dolores Redondo e o xornalista Rafa Valero.

«A derrota de Galicia», de Antón Baamonde: a vontade de realizar un diagnóstico do país. Artigo de Manuel Bragado

Manuel Bragado, director de Xerais, centrou o seu artigo semanal no Faro de Vigo no libro A derrota de Galicia, de Antón Baamonde.     A derrota de Galicia A pasada semana presentouse na Feira do Libro de Vigo “A derrota de Galicia” (Xerais 2012), o máis recente ensaio de Antón Baamonde, un dos pensadores máis orixinais e independentes do noso tempo.