Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: clube_de_lingua_do_ies_de_porto_do_son

«Proxecto pomba dourada» de Miguel Vázquez Freire

Proxecto pomba dourada de Miguel Vázquez Freire Arno, ao chegar da escola, atópase a seus pais asasinados. Os pais de Arno eran uns famosos científicos que tiñan un proxecto para mellorar o futuro de Ferrocoruña: o Proxecto Pomba Dourada. Para tentar averiguar algo, métese no ordenador de seus pais e estes danlle pistas para que só el poda acertar o contrasinal, que é MERLÍN.

«Unha estrela no vento» de Ledicia Costas

[Unha estrela no vento] A novela de Ledicia Costas segue a ser unha das lecturas preferidas polos rapaces e rapazas dos primeiros cursos da ESO e tamén polos membros do Clube da Lectura. Está é unha historia que conta a vida dun rapaz de dezasete anos que se chama Miguel Foz. O protagonista na casa cos seus pais e súa irmá pequena Paula e aínda vai ao instituto.