Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: colección_costeira

Presentación en Betanzos de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O mércores, 11 de setembro, ás 20:00 horas, na librería Biblos, rúa Santiago, 4 de Betanzos,  terá lugar a presentación de A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Xabier López e Francisco X. Fernández Naval. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación no barrio da Ponte de Ourense de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O venres, 1 de marzo, ás 20:15 horas, no Centro Cívico da Ponte, rúa Euloxio Gómez Franqueira, 43 A Ponte – Ourense. Terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval.

Presentación en Ferrol de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O martes, 26 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos, rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María de Ferrol, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Nicolás Vidal, Bernardo Máiz, Manuel Bragado e o autor. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación en Sarria de “A noite branca” de Francisco X. Fernández Naval

O venres, 22 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura, rúa Marqués de Ugena, s/nº  de Sarria, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto, organizado en colaboración coa  Asociación Cultural Ergueitos, participarán María Casar, Presidenta da Asociación Cultural Ergueitos e Francisco X. Fernández Naval.

Presentación de “A noite branca” en Lugo

O xoves, 24 de xaneiro, ás 20:15 horas, na Librería Biblos, rúa Salvador de Madariaga, 1 – Local 4 de Lugo, terá lugar a presentación do libro A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Carmen Blanco, Fran Alonso, o autor. Acompañamento musical de Carlos Arias. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación en Allariz de “A noite branca”

O venres, 21 de decembro, ás 20:30 horas, na Fundación Vicente Risco, rúa San Lorenzo, 3 de Allariz, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto participarán Luís Martínez-Risco e o autor. Acompañamento musical de José Luís Fernández Carnicero. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.

Presentación de “A noite branca” na Coruña

O xoves, 20 de decembro, ás 20:00 horas, no salón de Portas Ártabras, rúa Sinagoga, 22 da Coruña, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco X. Fernández Naval. No acto, organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, intervirán Felipe Senén, Eva Veiga, Fran Alonso, o autor e contará co acompañamento musical de Antonio Facal Rivas.

Presentación en Santiago de “A noite branca”

O martes, 18 de decembro, ás 20:00 horas, na Capela do IES Rosalía de Castro de Santiago, terá lugar a presentación da novela A noite branca de Francisco Xosé Fernández Naval. No acto participarán María Jesús Cabado Pampín,  Xosé M. Núñez Seixas (LMU, Múnich), que intervirá a través de skype, Fran Alonso e o autor. Acompañamento musical de Carlos Arias. Ao remate servirase un viño ofrecido por Colección Costeira.