Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: como_defenderes_os_teus_dereitos_lingüísticos

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón en Corcubión

O domingo, 12 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Corcubión, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. Este acto está organizado pola Universidade Popular de Corcubión e Xerais.

Conferencia en Ponteareas sobre “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

O autor de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e presidente da Mesa, Carlos Callón, desenvolverá unha radiografía da situación do noso idioma e das alternativas para a súa defensa este sábado 22 ás 21 h, dentro do Festival das Brétemas de Ponteareas. A súa intervención estará interpretada tamén en linguaxe de signos.

Presentación en Ribeira de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón

O vindeiro, venres, 21 de setembro, ás 20:00 horas, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón na Aula Multiusos da Confraría de Ribeira.

Carlos Callón: «Para avanzar nos dereitos lingüísticos hai que usar a nosa lingua». Entrevista de Mar Varela

Carlos Callón: «Para avanzar nos dereitos lingüísticos hai que usar a nosa lingua». Entrevista de Mar Varela

A edición de Carballo de La Voz de Galicia publica unha entrevista de Mar Varela con Carlos Callón a raíz da presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Carlos Callón gañou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Carlos Callón gañou o Premio a artigos xornalísticos normalizadores

Carlos Callón, autor de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos e En castellano no hay problema, do VII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo, cun artigo titulado «Fai teu o galego» que entronca co espírito de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Presentación na Guarda de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

Presentación na Guarda de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

Hoxe, 16 de abril, ás 20.30 h no Art Café (praza do Reloxo, 6). A plataforma Queremos Galego do Baixo Miño organiza a presentación na Guarda do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, un manual práctico escrito polo presidente da Mesa, Carlos Callón, que contén consellos para poder vivir na lingua de Galiza. O evento, presentado por Tino Baz, terá lugar esta segunda feira (luns) 16 de abril ás 20.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Ribadeo

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Ribadeo

A presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüístico de Carlos Callón, que contará coa participación de Dores Fernández Abel e Carlos Callón, terá lugar a sexta feira (venres), 16 de marzo, ás 20,30 horas na Casa das Letras, rúa Rodríguez Murias, 8 en Ribadeo.

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos» de Carlos Callón, presentouse en Ferrol

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos» de Carlos Callón, presentouse en Ferrol

O Diario de Ferrol publica unha información sobre a presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.    Carlos Callón: “Defendemoso galego para tratar de evitar que haxa cidadáns de segunda” Carlos Callón, presentou onte en Ferrol o seu ensaio “Como defenderes os teus dereitos linguisticos” (Edicións Xerais).

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Ferrol

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” de Carlos Callón, en Ferrol

O acto, organizado por Xerais e A MESA,  contará coa participación de Xaquín Campo, Carlos Outeiro e Carlos Callón. A presentación terá lugar a sexta feira (venres), 2 de marzo, ás 20,00 horas na Sociedade Galega de Historia Natural, Casa do Coronel, Praza de Canido, s/nº Ferrol.

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Vigo

Presentación de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” en Vigo

O vindeiro mércores, día 29 de febreiro, ás 20:15 horas, na Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa de Vigo, terá lugar o acto de presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. No acto participarán Elsa Quintas, Pepe Carreiro, Manuel Bragado e o autor.

O CPI Progreso de Catoira recomenda «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

O blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira recomendaron para este curso escolar libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.

Presentación no Barco de “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”

O luns, 23 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, rúa Dequidt, 6 do Barco, terá lugar a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón. No acto, organizado pola MESA da Comarca, participarán Manuel Agra Villar (Profesor do IES Martaguisela) e Carlos Callón.