Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: como_falar_e_escribir_en_galego_con_corrección_e_fluidez

Presentación en Caldas de Reis de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O xoves, 19 de maio, ás 21:00 horas, na Biblioteca de Caldas de Reis, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto, organizado pola Asociación Cultural Zona Afectada, participará Carlos Callón.

Un británico asentado en Galicia recomenda «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez», de Carlos Callón

Un británico asentado en Galicia recomenda en Youtube o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón.

Entrevista a Carlos Callón en Correo Televisión sobre «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez»

Correo Televisión emitiu unha entrevista con Carlos Callón sobre e Como falar e escribir en galego con correción e fluidez. Desde o blog do autor.   O serán da vindeira terza feira, 24 de marzo, a televisión local de Compostela Correo TV emitirá unha entrevista sobre o poemario Atravesar o fantasma.

Carlos Callón, O activista que loita coas palabras

A edición de Ribeira de La Voz de Galicia publicou unha información de de M. X. Blanco sobre Carlos Callón.     O activista que loita coas palabras Gran defensor do galego, o ribeirense ten media ducia de libros publicados Hai un cuarto de século, cando boa parte da vida transcorría en castelán, un adolescente de Ribeira tomaba conciencia da necesidade de coidar un idioma que corría un serio perigo.

Conferencia sobre “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” en Viveiro

O xoves, 6 de novembro, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal, Praza Maior de Viveiro, terá lugar a conferencia de Carlos Callón sobre o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. O acto está organizado polo Colectivo Pensamento e Sementeira.

Entrevista de Nazaret López a Carlos Callón sobre «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez» en Radio Ames

Carlos Callón publicou na súa páxina de youtube unha entrevista radiofónica que a xornalista Nazaret López lle fixo en Radio Ames sobre Como falar e escribir en galego con correción e fluidez.

Presentación en Vilalba de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” de Carlos Callón

O venres, 13 de xuño, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto, organizado polo Instituto de Estudos Chairegos, participarán Carlos Callón e Manuel Castro Santamariña, presidente do Iescha.

Carlos Callón falará na Guarda e Tui sobre o seu libro “Como falar e escribir con corrección e fluidez”

Carlos Callón falará do seu libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez na Guarda e en Tui. O primeiro encontro será o sábado 31 ás 20 h no Centro Sociocultural O Fuscalho da Guarda (fronte á Atalaia). Podes consultar aquí o evento no Facebook. O segundo encontro, xa en Tui, será na segunda feira (luns) 2 de xuño ás 20 h na sala Félix Rodríguez da Biblioteca Municipal.

Presentacións de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” no País Vasco

O venres, 28 de marzo, ás 19:30 horas, no Lar Galego de Iruñea, rúa Fermín, 4 baixo, Carlos Callón presentará o seu libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.

Callón aposta por recuperar un galego “máis noso”: Crónica da presentación do seu libro en Ribeira

A edición do Barbanza de La Voz de Galicia publicou unha información de Raquel Iglesias sobre a presentación  de Como falar e escribir en galego con correción e fluidez de Carlos Callón. O autor presentou en Ribeira, ante un cento de veciños, un libro para falar e escribir no idioma con fluidez Que o movemento cultural de Ribeira está moi vivo quedou demostrado esta fin de semana.

Presentación de “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez” en Ribeira

O venres, 14 de marzo, ás 20:30 horas, na Casa do Pescador, Avda do Malecón de Ribeira, terá lugar a presentación do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez de Carlos Callón. No acto, organizado pola Asociación Cultural Altofalante, participarán Marián González e Carlos Callón.

Presentación de «Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez» en Vigo

O luns, 16 de decembro, ás 20:00 horas, na Aula Magna da Escola Oficial de Idiomas de Vigo presentarse o libro de Carlos Callón Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. No acto, organizado pola EOI de Vigo e Xerais, participarán Marta Dacosta, Xosé Manuel Moo e o autor.