Menu Xerais

Artigos do blog coa categoría: compostela

Héctor Cajaraville: «Ter contacto cos lectores é a cousa máis bonita que lle pode pasar a un escritor»

Nós Televisión emitiu unha entrevista ao escritor Héctor Cajaraville para o programa «Cámara Branca».

Vinte e tres investigadores ofrecen unha ollada da revolución bolxevique en galego: «Bolxeviques 1917-2017», coordinado por Teresa Moure

La Voz de Galicia publicou unha información sobre o libro Bolxeviques 1917-2017, coordinado por Teresa Moure.

Justo Beramendi: «A revolución bolxevique foi moi beneficiosa para Europa, que desenvolveu a sociedade do benestar»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación do libro Bolxeviques 1917-2017, coordinado por Teresa Moure.     Proxecto Bolxeviques Presentamos onte na Libraría Pedreira de Compostela o proxecto Bolxeviques 1917-2017 / Bolcheviques 1917-2017, coordinado pola escritora Teresa Moure e editado por Xerais e Através editora.

A novela «O último día de Terranova», de Manuel Rivas, finalista da XIII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago

A novela O último día de Terranova, de Manuel Rivas foi elixida hoxe entre as finalistas da XIII edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago, segundo se acaba de facer público. As outras novelas finalistas son: Cicatriz, de Juan Gómez-Jurado; Valor, de Clara Usón; Expo 58, de Jonathan Coe; e La Guitarra Azul de John Banvill.

Un libro para toda unha nova xeración de lectores e lectoras: «A noite enriba», de Diego Ameixeiras

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a presentación  A noite enriba, de Diego Ameixeiras.     A ética do escritor e o valor do xénero Moi interesante foi a presentación d’ A noite enriba, a décima novela de Diego Ameixeiras, que onte celebramos na Libraría Cronopios de Compostela.

Fran P. Lorenzo: «Quixen abordar a cuestión de como habitamos a cidade e como a cidade nos habita a nós»

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou unha anotación sobre a presentación en Compostela da novela Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, gañadora do Premio Blanco Amor de Novela 2014, así como outra anotación da presentación en Redondela, concello que xestionou a convocatoria do Premio Blanco Amor 2015.

Cando as emocións pesan máis que as ideoloxías: «Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico», de Valentina Formoso. Para saír das trincheiras

Manuel Bragado, director de Xerais, publicou en Brétemas unha anotación sobre a a presentación de Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso.   O galego do estigma á estima Novo serán moi fresco e moi interesante na Feira do Libro de Compostela para presentar primeiro o Tastarabás de Antón Cortizas e despois o ensaio lingüístico de Valentina Formoso Do estigma á estima.

Presentación en Compostela de «Para unha crítica do españolismo» de Camilo Nogueira

Galicia Confidencial publica unha información sobre a presentación, esta tarde, do libro Para unha crítica do españolismo de Camilo Nogueira, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela, organizado pola Asociación Cultural O Galo.     Nogueira presenta «Para unha crítica do españolismo» O ex-eurodeputado estará acompañado por Néstor Rego, líder da UPG e presidente da agrupación cultural o Galo.

Mañá martes preséntase en Compostela o «VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Mañá martes preséntase en Compostela o «VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico»

Mañá martes, no Salón Teatro de Santiago de Compostela (Rúa Nova 34), ábrese un Espazo Radioescénico para a presentación e acto de entrega do VI Premio Diario cultural de Teatro Radiofónico, organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego. O acto terá lugar ás 20:00 horas e o acceso sserá libre ata completar aforo.

Jaureguizar estará no Nadalxogo de Compostela asinando exemplares dos seus Tintimán

Jaureguizar estará no Nadalxogo de Compostela asinando exemplares dos seus Tintimán

O escritor Santiago Jaureguizar estará no Nadalxogo, en Compostela, asinando exemplares do seu libro Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, os días 23, 25, 27 e 28 de decembro, así como o día 2 de xaneiro. O Concello de Santiago está a empregar o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promocionar a lectura e promover o coñecemento da cidade.

Jaureguizar: «A terceira aventura da serie Tintimán estará ambientada en Vigo»

O escritor Santiago Jaureguizar presentou onte en Compostela a súa novela Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, acompañado da concelleira de Educación, Mercedes Rosón e do director de Xerais, Manuel Bragado. O Concello de Santiago empregará o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promoiconar a lectura e promover o coñecemento da cidade.

Canteiro en Compostela con “Festina lente”

Canteiro en Compostela con “Festina lente”

O club de lectura Gálix Tendendo Redes remata a súa primeira andaina de actividades cun programa arredor da novela  Festina lente de Marcos Calveiro, organizado en colaboración coa asociación Amigos del Románico.